Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de outubro de 2017

    O Instituto Nacional de Administración Pública, en colaboración coa Delegación do Goberno no País Vasco, convocou cursos de éuscaro destinados aos empregados públicos da Administración Xeral do Estado co obxectivo de atender a cidadanía adecuadamente e garantir os seus dereitos lingüísticos.

    Fonte: El Confidencial Autonómico

    20 de outubro de 2017

    Un académico escocés alerta que cada vez menos escolares do ensino secundario optan por realizar os seus exames finais en gaélico nas illas Hébridas Exteriores.

    Fonte: The Herald

    20 de outubro de 2017

    Unha enquisa realizada por investigadores dos EUA revela que os homes seguen a dominar o ámbito da crítica literaria en lingua inglesa.

    Fonte: Veja

    20 de outubro de 2017

    Investigadores de dúas universidades británicas e unha neerlandesa revelaron nun estudo que o consumo de alcol pode axudar a mellorar as destrezas de produción oral nunha lingua estranxeira.

    Fonte: The Telegraph

    20 de outubro de 2017

    A Universidade Nacional Timor Lorosa'e acolle as II Xornadas Pedagóxicas do Centro da Lingua Portuguesa que analizarán diferentes aspectos relativos á lingua, literatura e didáctica do portugués no país asiático.

    Fonte: Diário de Notícias

    20 de outubro de 2017

    Este obradoiro de acercamento á lingua e a cultura aragonesas está dirixido ao alumnado de 3º de Infantil (5 e 6 anos) dos centros educativos públicos e concertados de Huesca e comarca, unha iniciativa á que, de momento, se sumaron catro colexios da capital.

    Fonte: El Diario

    20 de outubro de 2017

    Esta iniciativa, posta en marcha polo Goberno vasco e Euskal Wikilarien Kultura Elkartea, permitirá a creación de 1600 artigos de calidade en éuscaro para a Wikipedia que sexan de utilidade para estudantes de 12 a 16 anos.

    Fonte: Diario Vasco

    19 de outubro de 2017

    A directora de Turismo, Nava Castro, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentaron o programa conmemorativo do 30 aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo, organizado por Turismo de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    19 de outubro de 2017

    A Consellería de Cultura sumouse, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, ao acto de homenaxe do Centro PEN Galicia e mais do Ateneo ao escritor Víctor Campio Pereira González.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    19 de outubro de 2017

    O I Certame de Música Galega da Universidade de Santiago de Compostela (USC) xa ten finalistas: “Dúas andoriñas”, de Guille LP; “No monte da pastora”, de Leda Atómica; e mais “Só nós”, de Noemia, son as tres propostas elixidas.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder