O ministro de Asuntos Exteriores de Italia, Angelino Alfano, inaugurou a XVII edición da Semana da Lingua Italiana no Mundo. O tema deste ano é a presenza do italiano no cinema.
Fonte: Italia chiama Italia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O ministro de Asuntos Exteriores de Italia, Angelino Alfano, inaugurou a XVII edición da Semana da Lingua Italiana no Mundo. O tema deste ano é a presenza do italiano no cinema.
Fonte: Italia chiama Italia
A Universidade Pompeu Fabra, dentro dos estudos da Facultade de Tradución e Interpretación, comeza unha serie de conferencias sobre lingua de signos e comunicación xorda.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Concellería de Educación, Formación e Normalización Lingüística do Concello de Eivisa lanzou a campaña "Les nostres paraules", que, a través das súas redes sociais e páxina web, pretende promover 14 palabras en catalán que se atopan en desuso.
Fonte: La Vanguardia
O alumnado de 1º da ESO pintou un mural para promover o uso do galego, unha iniciativa impulsada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e organizada polo Concello de Neda.
Fonte: Ferrol 360
Un programa do Goberno de Australia aposta pola introdución das linguas comunitarias como o grego moderno no currículo das escolas infantís.
Fonte: Neos Cosmos
Unha entidade a prol da lingua galesa anima a todos os cidadáns galeses a comezaren todas as interaccións orais en galés co fin de promover esta lingua nas conversas do día a día.
Fonte: Daily Post
A Universidade Pública de Navarra quere incrementar o uso do éuscaro no eido universitario e, por iso, aposta por un plan director que, ademais de aumentar a docencia en lingua vasca, incorporará este idioma a áreas como a investigación, a empregabilidade e a innovación.
Fonte: Noticias de Navarra
Un total de 3102 persoas participarán nas convocatorias abertas de HABE para acreditar os niveis B1, B2, C1 e C2 de éuscaro, o que reflicte a grande acollida que estas convocatorias tiveron por parte da cidadanía.
Fonte: NoticiasPress
O grupo de apoio á lingua galesa Cymdeithas yr Iaith Gymraeg criticou a municipalidade de Cardiff polo seu escaso investimento en escolas de fala galesa na cidade. Segundo o grupo, necesitaríanse 10 novos centros para poder acadar o obxectivo do millón de falantes para 2025.
Fonte: Wales Online
Un grupo de investigadores da Universidade de Princeton publicou un estudo que revela que a linguaxe que empregamos para dirixirnos aos bebés garda uns trazos que son comúns a todas as linguas.
Fonte: News Medical
Subscríbase ao boletín