O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presentou un estudo que afonda no uso do galego no tecido empresarial da comarca do Deza destacando “a importancia de involucrar a todos os axentes posibles á hora de facer unha radiografía da situación do idioma desde distintos ámbitos e perspectivas”.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
As bibliotecas catalás prestaron 11,4 millóns de libros en 2023, con máis da metade en catalán (52 %) fronte a un 45,7 % en castelán. A clave desta alta presenza do catalán atópase no préstamo de libros infantís e xuvenís, que dobran os de castelán desde 2019.
A Xunta de Galicia acaba de convocar a oitava edición do Premio CGAC de Investigación e Ensaio sobre a arte, cuxo obxectivo é promover o coñecemento e o acceso do público á arte contemporánea nas súas diversas manifestacións, así como favorecer a comunicación social das artes plásticas.
O Dicionario Xeración Z, creado por estudantes do IES Plurilingüe Aquis Celenis de Caldas de Reis, recompila termos empregados por esta xeración, como anglicismos e expresións adaptadas, para documentar a evolución do galego que emprega a mocidade e que está influenciado polas redes sociais e as novas tecnoloxías.
O Auditorio de Ferrol acolleu a XXXII edición do festival Mocidade Coa Lingua, un evento que promove a creatividade musical do alumnado da comarca situando o galego como eixe central. Participaron varios grupos de música de centros educativos locais, que interpretaron cancións orixinais ante máis de 700 estudantes.
A Universidade de Alacant (UA) e a Academia Valenciana da Lingua (AVL) asinaron un convenio para a creación dunha base de datos que permitirá xerar os mapas do Atlas Lingüístico Valenciano, obra de Jordi Colomina. Este proxecto, que contará con mapas dixitais para mostrar a variación fonética e léxica do valenciano, rematará en 2028 e ofrecerá datos valiosos para estudos dialectolóxicos e lingüísticos.
As entidades 3Cat, AMIC e Fundació.cat crearon os Premis Crit, que buscan recoñecer a creación de contidos en catalán nas redes sociais e plataformas dixitais. O obxectivo é profesionalizar o sector e favorecer o uso desta lingua no ámbito dixital. Inclúen varias categorías, como humor, arte e gastronomía, e o premio ao mellor vídeo do ano será elixido polo público.
A Universidade de Yale ampliou o seu programa de Estudo Independente Dirixido (DILS) para incluír linguas indíxenas en perigo de extinción, como o calmuco ou o maorí. Este programa permite ao alumnado estudar linguas non ofrecidas nos cursos regulares e moitas veces reconectar coas súas orixes familiares promovendo a preservación e revitalización das linguas minoritarias. Con todo, a pesar da importancia cultural e educativa desta iniciativa, a universidade non outorga créditos académicos por estes estudos, o que supón un paradoxo que xerou críticas entre parte do estudantado.
A Unesco aprobou oficialmente a designación do 9 de febreiro como Día Mundial da Lingua Grega, coincidindo co aniversario do pasamento de Dionysios S
O estudo realizado en Tolosa en 2024 confirma que a metade das conversas nas rúas son en éuscaro, o que significa que esta lingua mantén unha tendencia estable de revitalización. A medición mostrou que este idioma supera o castelán por sexto ano consecutivo, especialmente entre a mocidade e a infancia. Desde 1985, o seu uso aumentou máis de 20 puntos e é a lingua principal nas rúas da cidade.
Boletín
Subscríbase ao boletín


