O Concello de Pamplona, xunto coa asociación Karrikiri, organiza catro encontros literarios en éuscaro, con presentacións de obras narrativas e poéticas, para promover a lectura e a creatividade das novas xeracións.
Fonte: Iruñeko Udala
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Concello de Pamplona, xunto coa asociación Karrikiri, organiza catro encontros literarios en éuscaro, con presentacións de obras narrativas e poéticas, para promover a lectura e a creatividade das novas xeracións.
Fonte: Iruñeko Udala
Co gallo do Día de Sant Jordi, centos de persoas percorreron as rúas de Barcelona convocados polo colectivo Sant Jordi per la Llengua, que agrupa máis de 240 entidades, baixo o lema «Por un futuro en catalán, recuperemos a Barcelona popular».
Fonte: El Diario
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, acompañou a Antonino Nieto na presentación do poemario A lingua do anxo ou carrusel de poemas con viño. Participaron canda eles, Alfredo Conde, Xosé Perozo e Claudio Rodríguez Fer, nun acto que acolleu a Sala de Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Santiago de Compostela.
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na presentación das iniciativas que impulsa a Asociación Cultural Casino de Santiago co gallo do Día do Libro. Acompañárono o presidente e secretaria da entidade, Ubaldo Rueda e Maribel Martín, respectivamente.
O Ministerio de Ensino Superior de Alxeria decretou que, a partir do curso 2025‑26, as carreiras científicas e médicas se impartan integramente en inglés, primeiro paso para converter este idioma na lingua vehicular de toda a universidade. A iniciativa rompe co predominio histórico do francés e busca impulsar a proxección internacional do sistema educativo.
Fonte: University World News
A Universidade de Stanford presentou un programa multidisciplinar que apoiará comunidades de falantes minoritarios na dixitalización, creación de contidos e desenvolvemento de ferramentas de IA nos seus idiomas. O proxecto prevé elaborar corpus textuais, recursos educativos abertos e modelos de tradución automática, abrindo así novas posibilidades de presenza en liña para linguas con escasa pegada dixital.
Fonte: Standford University
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presentou hoxe na Casa de Galicia de Nova York a programación do Ano Castelao a nivel internacional. Trátase dunha proposta que abrangue actividades nos Centros de Estudos Galegos e nas Casas de Galicia de distintos puntos do mundo co obxectivo “de proxectar no exterior a figura dun dos persoeiros máis destacados da cultura galega e pensando en achegar o seu coñecemento ás novas xeracións”.
A Xunta de Galicia pon en marcha por primeira vez cursos de galego en Nova York a través do Instituto Cervantes. Así o anunciou hoxe o secretario xeral da Lingua, Valentín García, nunha visita á sede da entidade no comezo destas clases “coas que non só expandimos e ampliamos o coñecemento do noso idioma máis alá da nosa terra”, apuntando que “tamén é unha maneira de darlle prestixio a través dunha institución de renome e, ademais, tendo en conta que Nova York é un punto estratéxico”.
O proxecto xornalístico El Foment nace como revista trimestral e diario dixital para destacar a cultura, a lingua e a gastronomía catalás, e aposta por un xornalismo pausado e de ampla representación territorial, con entrevistas e reportaxes coidadosamente elaborados.
Fonte: ExtraDigital
O festival de contidos dixitais Carballo Interplay abre co apoio da Xunta de Galicia a súa duodécima edición, que se desenvolverá no edificio do mercado e noutros puntos da vila ata o vindeiro domingo 27 convertendo a capital bergantiñá en centro de difusión da creación dixital con 20 webseries procedentes de 12 países na sección oficial a concurso e premios para os mellores contidos, canles e profesionais da creación en galego.
Subscríbase ao boletín