Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de abril de 2025

    O FC Barcelona reforza o seu compromiso coa lingua catalá adheríndose á campaña «Català per a Tothom», promovida por Òmnium Cultural, co que se compromete a facilitarlles a aprendizaxe do catalán ás novas incorporacións do club e a visibilizar a diversidade lingüística, fortalecendo así os lazos culturais e sociais coa comunidade.

    22 de abril de 2025

    O descoñecemento do inglés entre a poboación brasileira residente en Portugal está a limitar o acceso a empregos máis cualificados e mellor remunerados, o que frea tamén a súa integración plena no mercado laboral portugués.

    Fonte: Público

    22 de abril de 2025

    O Concello de L'Alguer abriu unha nova convocatoria para obter o certificado de nivel C1 de catalán, co obxectivo de fomentar o uso e coñecemento da lingua catalá na cidade sarda. Esta iniciativa forma parte dos esforzos locais por preservar e revitalizar o patrimonio lingüístico catalán presente na rexión.

    Fonte: Diari de la Llengua

    22 de abril de 2025

    A Consellería de Desenvolvemento Educativo e Formación Profesional de Andalucía presentou a reedición do Vocabulario andaluz de Antonio Alcalá Venceslada, que se distribuirá nos centros educativos da comunidade. O obxectivo é achegarlle a fala andaluza ao alumnado e reivindicar e valorar a súa identidade e riqueza sen complexos.

    22 de abril de 2025

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na presentación oficial da IX edición do Festival Internacional Kerouac de Poesía en Nova York, un encontro cultural que conta co apoio da Xunta de Galicia e que serve como ponte poética entre Galicia e América.

    21 de abril de 2025

    Con motivo do Día Mundial da Lingua Portuguesa, que se celebra o 5 de maio, o podcast da ONU News inicia unha serie de entrevistas con representantes de países lusófonos e estudantes do idioma.

    Fonte: Bom dia

    21 de abril de 2025

    Cincuenta activistas da lingua irlandesa participaron nun desafío de natación en varios puntos de toda Irlanda, para mostrar solidariedade co pobo palestino. A iniciativa, organizada por Conradh na Gaeilge, busca combinar o apoio á causa palestina coa promoción da lingua irlandesa.

    Fonte: VIEWdigital

    21 de abril de 2025

    A Universidade de Barcelona desenvolverá un sistema de transcrición en tempo real, chamado SCRIBAL, baseado en intelixencia artificial, para mellorar a accesibilidade na docencia en catalán. Este proxecto, que facilitará a transcrición de clases e conferencias, está deseñado para apoiar o alumnado con discapacidades auditivas e o que non domina a lingua de instrución.

    21 de abril de 2025

    A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG) e o director da CRTVG asinaron un convenio para promover a lingua e cultura galegas. Este convenio, cunha vixencia de dous anos prorrogables, permitirá a difusión de actividades do CCG a través das plataformas da televisión pública.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    21 de abril de 2025

    O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a convocatoria de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios. Trátase dunha liña de axudas destinadas á edición de materiais en formato impreso ou dixital á que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude achega 200 000 euros para este ano.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder