Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de maio de 2014

    O Concello de Salceda únese ao acto "En galego, agora e sempre" que se vén desenvolvendo en cemiterios de diversos municipios de Galicia co obxectivo de acercar o uso do galego aos actos propios das defuncións e os enterramentos.

    Fonte: Faro de Vigo

    27 de maio de 2014

    A Facultade de Ciencias do campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela favorece a ensinanza de Química en galego a estudantes universitarios e de ensino preuniversitario través de Funil.gal, un proxecto multimedia que estará accesible na rede.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    27 de maio de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocou dez prazas en lectorados de lingua, literatura e cultura galegas en España, Portugal, Irlanda e Italia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    27 de maio de 2014

    O Instituto Camões de Portugal fixo entrega dunha pequena biblioteca coa que persegue potenciar a aprendizaxe do idioma luso dentro do Programa Lingua e Cultura Portuguesa.

    Fonte: ABC

    27 de maio de 2014

    O Departamento de Educación, Política Lingüística e Cultura do Goberno vasco, en colaboración con EiTB, puxo en marcha “Poziktibity”, un proxecto que, a través dunha serie de entrevistas entre varias persoas “referentes” da sociedade vasca debido á súa profesión e non pola súa relación co éuscaro, busca fomentar o uso desta lingua.

    Fonte: Europa Press

    26 de maio de 2014

    A BBC lanzou un novo servizo en lingua galesa, Cymru Fyw, que incluirá noticias sobre asuntos de actualidade galesa e de fóra do País de Gales, así como as últimas novidades de programación en televisión e radio.

    Fonte: Broadcastnow

    26 de maio de 2014

    O sitio oficial do Vaticano está agora dispoñible en árabe, a última lingua dun total de dez. O sitio ofrece información sobre o papa, o Vaticano e a Santa Sé e está tamén dispoñible en dispositivos móbiles que empreguen os sistemas de Android e Apple.

    Fonte: News.va

    26 de maio de 2014

    Dentro das actividades de dinamización lingüística do Concello de Cambados, a Administración local convoca un concurso de lemas entre os escolares, de maneira que os máis novos se animen a utilizar a lingua galega.

    Fonte: Faro de Vigo

    26 de maio de 2014

    A Universidade de Vigo une o mellor das letras galegas coa tecnoloxía saída das súas facultades. A institución aproveita a entrega de premios de poesía, relato curto e tradución 2014 para transmitir en código morse ao espazo a través dos seu satélite Humsat-D o nome de varios autores e o primeiro verso do poema Penélope de Díaz Castro.

    Fonte: Faro de Vigo

    26 de maio de 2014

    Compromís presentou unha proposición non de lei á Mesa das Cortes Valencianas pola que lle demanda á Cámara que inste o Goberno central a pór en marcha exames de valenciano para os axentes da Guarda Civil e a Policía Nacional que prestan servizo na Comunidade, porque consideran que vulneran os dereitos dos falantes de valenciano.

    Fonte: Las Provincias

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder