Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de maio de 2014

    A oferta de materias en inglés da Universidade Pública de Navarra segue a súa tendencia á alza. Case todos os graos incorporan algunha nova materia, aínda que sobre todo se potencian as enxeñerías, os económicos e os maxisterios.

    Fonte: Noticias de Navarra

    28 de maio de 2014

    O Goberno metropolitano de Toquio está desenvolvendo un proxecto co Goberno central xaponés para incorporar linguas estranxeiras a paneis e outras fontes de información para as olimpíadas de verán de 2020. Nun principio, ofrecerase información en inglés, ademais de xaponés, nos sinais dos aeroportos, estacións de tren, portos marítimos e aloxamentos, así como en sinais de tráfico e menús de restaurantes. Tamén se mellorará a información en chinés e coreano.

    28 de maio de 2014

    A empresa de tecnoloxía Microsoft anunciou o seu proxecto de lanzar unha ferramenta de tradución en tempo real para o programa Skype. A nova función permitirá a comunicación entre persoas que non falen a mesma lingua.

    Fonte: Techspot

    28 de maio de 2014

    A Casa da Cultura de Santa María de Xeve acolle a exposición Chamadeiros que recolle a toponimia das parroquias de Santo André e Santa María de Xeve, e de Verducido.

    Fonte: Faro de Vigo

    28 de maio de 2014

    A concelleira de Normalización Lingüística, Isaura Abelairas, presentou o programa "No verán... un conto" con preto de 40 actividades repartidas por todo o territorio vigués entre o 21 de xuño e o 13 de setembro.

    Fonte: Concello de Vigo

    28 de maio de 2014

    Falar éuscaro, cada un da maneira que saiba. Ese é o obxectivo da iniciativa Mintzodromo. A práctica da lingua vasca en plena rúa tivo un grande éxito e iso levou aos seus organizadores a pór en marcha unha segunda rolda.

    Fonte: Deia

    28 de maio de 2014

    Signslator é un proxecto que nace co obxectivo de ser unha ferramenta de axuda para oíntes e non oíntes: con Signslator preténdese facilitar a aprendizaxe, a compresión e o estudo da lingua de signos.

    Fonte: Noticias 2D

    27 de maio de 2014

    A directora da Facultade de Linguas Estranxeiras Aplicadas da Universidade da Sorbona, Isabelle Oliveira, defendeu a adopción dunha "política máis agresiva" da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) para converter o portugués nunha lingua técnico-científica, evitando a "anglicización" da estrutura mental dos lusófonos.

    Fonte: Correio da Manhã

    27 de maio de 2014

    O Concello portugués de Miranda do Douro organizará este verán o "Festibal de la Cançon" (Festival da Canción) co obxectivo de estimular a produción musical en lingua mirandesa.

    Fonte: Local.pt

    27 de maio de 2014

    As persoas que este ano elaboren e defendan a súa tese de doutoramento en lingua galega poderán solicitar ata o 31 de outubro as axudas de ata 400 euros en forma de subvención directa para os gastos de fotocopiado e encadernación do traballo.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder