Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    26 de maio de 2014

    Artur Mas remitiulle unha carta ao presidente da Organización Internacional da Franconfonía (OIF), o senegalés Abdou Diouf, na que solicita formalmente a adhesión de Cataluña á OIF, a organización que agrupa os países francófonos.

    Fonte: Periodista Digital

    23 de maio de 2014

    A comunidade saami de Finlandia conta agora cunha canle de televisión que ofrece programación en tres variedades diferentes da lingua saami. Cada ano aumenta a presenza da lingua saami nos medios de información en Finlandia grazas ao maior investimento de recursos na promoción da cultura nativa.

    Fonte: Barents Observer

    23 de maio de 2014

    Organizacións kurdas de Turquía fixaron no calendario o Día da Lingua Kurda para demandar que esta lingua sexa introducida nos centros públicos de ensino. "Os nenos deben recibir a educación na súa lingua materna", declarou Osman Ozcelik, voceiro da organización Congreso da Sociedade Democrática (DTK).

    Fonte: Rudaw

    23 de maio de 2014

    O ministro de Educación de Portugal, Nuno Crato, afirmou que a Unión Europea pretende incrementar a cooperación con universidades africanas e asiáticas, sobre todo con China, e aproba que o ensino dunha segunda lingua estranxeira nas escolas portuguesas sexa obrigatorio.

    Fonte: Jornal de Notícias

    23 de maio de 2014

    A comisión de Educación do Senado brasileiro creou un Grupo de Traballo Técnico que ten como obxectivo simplificar, perfeccionar e converter o portugués nunha lingua máis lóxica e comprensible. Todas as propostas serán avaliadas e presentadas no Simposio Internacional Lingüístico-Ortográfico da Lingua Portuguesa, que terá lugar en Brasilia.

    Fonte: SRZD

    23 de maio de 2014

    A Universidade do País Vasco ofrecerá, en colaboración co Instituto vasco Etxepare, un novo curso de formación destinado a lectores de lingua vasca en universidades e centros de educación superior no estranxeiro.

    Fonte: 20 minutos

    23 de maio de 2014

    O Teatro Nacional de Cataluña e o Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña asinaron un contrato-programa que dispón que o 80 % da programación de cada tempada teña un selo 100 % catalán. Segundo este documento, o acordo prevé unha serie de obxectivos estratéxicos relacionados coa creación, a difusión e o acceso á cultura.

    Fonte: El Diario

    22 de maio de 2014

    O titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, visitaron o Festival de Cine de Cans na compaña dos 38 escolares e os catro docentes do CEIP de Leirado convidados a participar na actividade ‘Cans do futuro’.

    Fonte: Xunta de Galicia

    22 de maio de 2014

    O programa de fomento do galego FalaRedes, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, levará esta semana "Os Bolechas e o Sabichón" e "As fabas máxicas" a seis concellos da provincia da Coruña adscritos á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    22 de maio de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta na sede do Centro de Estudos Galegos (CEG) da Universidade de San Petersburgo a tradución ao ruso de Nimbos, de Xosé María Díaz Castro, feita por Elena Zernova.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder