Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de maio de 2014

    O ministro portugués de Educación e Ciencia, Nuno Crato, dixo en Pequín que Portugal vai colaborar co Instituto Confucio no ensino da lingua chinesa na educación secundaria en Portugal. O ministro non quixo fixar unha data para a introdución da disciplina nos programas curriculares, mais adiantou como posibilidade un prazo de tres a cinco anos.

    Fonte: Destak

    19 de maio de 2014

    O programa municipal de inmersión lingüística, Vigo en inglés 2014, permitirá a 290 alumnos da ESO viaxar este verán a Gran Bretaña.

    Fonte: Concello de Vigo

    19 de maio de 2014

    O presidente de Uganda, Yoweri Museveni, fixo un chamamento a líderes culturais do seu país para que se concentren na promoción das súas tradicións e linguas locais co fin de evitar a súa desaparición.

    Fonte: New Vision

    19 de maio de 2014

    A marcha, convocada pola plataforma Queremos Galego, repítese en oito localidades cunha pancarta inicial que di 'Un paso adiante e outro adiante, Galiza'.

    Fonte: Galicia Hoxe

    19 de maio de 2014

    Baixo o lema 'Ezberdin baina berdin' o colectivo de mozos de AED programou unha festa que aglutinará diversas actividades co éuscaro como nexo de unión.

    Fonte: Diario Vasco

    19 de maio de 2014

    A Fundación puntoCAT puxo en marcha a campaña “Navega en catalán”, que nace coa vontade de sensibilizar os internautas para que naveguen en catalán por internet e así contribuír a aumentar a demanda de contido nesta lingua. A campaña ten o apoio de Softcatalà e da Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura.

    16 de maio de 2014

    O ministro principal de Gales, Carwyn Jones, admite que o xeito de ensinar o galés, nas escolas do País de Gales onde a lingua de instrución é o inglés, debe cambiar co fin de promover a lingua vernácula no ámbito laboral. Carwyn Jones e o ministro de Educación, How Lewis, recoñeceron que o galés se ensinaba nestas escolas como unha segunda lingua e que isto debía modificarse en resposta a un informe elaborado por un experto na materia.

    Fonte: Wales Online

    16 de maio de 2014

    O British Council, órgano público británico centrado na difusión do coñecemento do inglés, organiza en Tunisia a Semana da Lingua Inglesa co fin de concienciar acerca da importancia da aprendizaxe deste idioma e do seu papel no mercado laboral.

    Fonte: African Manager

    16 de maio de 2014

    Nos últimos seis anos, o número de publicacións en lingua kurda cuadriplicouse en Turquía, sobre todo no xénero de ficción para adultos. Segundo datos presentados pola Axencia Turca de Estatística, o número total de publicacións en kurdo pasou de 101 en 2008 a 413 en 2013.

    Fonte: Hurriyet Daily News

    16 de maio de 2014

    Con motivo do seminario "Saber portugués", organizado polo Instituto Camões na Universidade de Estudos Estranxeiros de Shanghai, o presidente da República portuguesa, Cavaco Silva, defendeu a importancia da lingua portuguesa como "vantaxe competitiva" no país asiático.

    Fonte: Visāo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder