Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de maio de 2014

    O presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús Alonso Montero, cre que hai que promover unha política educativa en galego para as persoas que xa o saben, porque "o día que se ligue en galego", o día que "un lle chisque un ollo a unha rapaza en galego" este idioma dará "pasos cualitativos de xigante".

    Fonte: El Diario

    16 de maio de 2014

    O proxecto ‘Ponte a Londres', no que tres colexios pontevedreses e un londiniense levan traballando desde xaneiro, chegou ao seu fin. Os case 100 escolares reuníronse por primeira vez na cidade logo de compartir experiencias a través dunha plataforma en internet, cuxo obxectivo final era mostrar que «o galego é unha lingua de comunicación normal entre os mozos», explica unha das impulsoras da iniciativa, Cristina González.

    Fonte: Diario de Pontevedra

    16 de maio de 2014

    Chegada a semana da celebración do Día das Letras Galegas multiplícanse as visións sobre a figura homenaxeada, nesta ocasión o poeta Xosé María Díaz Castro, pero poucas veces o material divulgativo que se realiza se fai pensando nas nenas e nenos xordos. Conscientes desta realidade as investigadoras do Grupo de Investigación de Lingua Española e Linguas Signadas, Griles, puxéronse mans a obra na gravación de cinco vídeos cos que difundir entre os máis pequenos a figura do poeta en lingua de signos.

    16 de maio de 2014

    O Departamento de Éuscaro do Concello organizou un curso de éuscaro para os comerciantes da localidade. O obxectivo do curso é que a comunicación básica entre comerciantes e clientes se realice en éuscaro: saúdos, contas, o tempo etc.

    Fonte: Diario Vasco

    15 de maio de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria entregoulle, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2014 ao IES Perdouro de Burela.

    Fonte: Xunta de Galicia

    15 de maio de 2014

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, recibiu o alumnado que estuda galego no Col•legi El Casal de Castellar del Vallès e as dúas docentes que o acompañan na súa viaxe de estudos á nosa comunidade autónoma.

    Fonte: Xunta de Galicia

    15 de maio de 2014

    A Cidade da Cultura de Galicia acolleu o encontro do conselleiro Vázquez Abad cun grupo de 17 estudantes de galego do instituto Vicente Cañada Blanch de Londres e co profesor Xaime Varela.

    Fonte: Xunta de Galicia

    15 de maio de 2014

    El Patito Editorial acaba de dar a coñecer o seu libro Animal Fun! (Diversión animal) no que, ao longo de 55 páxinas, van presentando unha serie de animais aos que acompaña unha composición poética breve en inglés coa súa tradución ao galego.

    Fonte: Faro de Vigo

    15 de maio de 2014

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, en representación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, fíxolle entrega do premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2014. Xosé María Díaz Castro ao CEIP Plurilingüe Lagostelle de Guitiriz, acadado na modalidade de infantil e primaria polo traballo “Esmeralda”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    15 de maio de 2014

    Os secretarios xerais de Política Lingüística e de Cultura, Valentín García e Anxo Lorenzo, participaron na XXI edición dos Premios de Publicidade en Galego, que se celebrou no Parlamento de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder