Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    13 de maio de 2014

    A lingua e a cultura mirandesas terán, por primeira vez na súa historia, un organismo de promoción e divulgación: a Asociación da Lingua e Cultura Mirandesas (ALCM). Este novo organismo pretende ampliar o estudo da lingua mirandesa e da súa vertente cultural alén da súa área de influencia.

    Fonte: Porto Canal

    13 de maio de 2014

    O repertorio terminográfico Termos esenciais de Dereito Administrativo recolle 1081 entradas deste campo en galego e os seus equivalentes en castelán e engade un novo volume á colección ‘Termos esenciais’.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    13 de maio de 2014

    O xornalista José Casás García gañou o X Premio a artigos xornalísticos normalizadores co artigo titulado "Os exemplos".

    Fonte: Galicia Confidencial

    13 de maio de 2014

    No 1949 da rúa Moreno de Buenos Aires está o Centro Lalín. Aquí todos os mércores, desde o 2009, fálase en galego. Un galego máis que correcto, matizado por un delicioso acento porteño. Os alumnos destes cursos agrupáronse baixo o nome de Terzo da Fala, con resonancias épicas e militares que lle sentan ben a este grupo entusiasta e reivindicativo.

    Fonte: La Voz de Galicia

    13 de maio de 2014

    A Liga Estudantil Galega organizou dous pousadoiros ou photocalls no campus de Pontevedra. Neles, convídase á comunidade universitaria a facer patente o seu apoio ao galego posando diante da cámara, cun lema reivindicativo nas mans, sobre un fondo no que se pode ler “A alma dun pobo é a súa lingua”.

    Fonte: Universidade de Vigo

    13 de maio de 2014

    AEK, EHE, IKA, NIE, Sortzen e AET, colectivos que conforman o Movemento Social do Éuscaro, reclamáronlle ao Concello de Pamplona que lle dea a esta lingua “a posición que merece na cidade” e que “invista con responsabilidade os recursos económicos dos pamploneses” para crear novos soportes en éuscaro.

    Fonte: Noticias de Navarra

    12 de maio de 2014

    O secretario xeral de Política Lingüística representou a Consellería de Cultura e Educación na inauguración do Festiletras 2014, unha celebración das Letras Galegas que se prolongará ata o próximo 18 de maio con múltiples e variadas actividades para diferentes públicos.

    Fonte: Xunta de Galicia

    12 de maio de 2014

    Un grupo de rapaces e rapazas bolivianos está traducindo os contidos do Facebook ao idioma aimará, co fin de que este se converta nunha das linguas oficiais da rede social, informou o coordinador da comunidade virtual Jaqi-Aru, Rubén Hilari, responsable do proxecto.

    Fonte: Msn Notícias

    12 de maio de 2014

    A defensa do galego na xustiza será a encomenda dos 20 novos xuristas que ingresarán na Irmandade Xurídica Galega.

    Fonte: Galicia Confidencial

    12 de maio de 2014

    Unha serie animada ensinará os idiomas orixinarios de Bolivia a nenos e nenas en idade escolar. O actor Juan Carlos Aduviri e o animador Iván Castro realizan un proxecto que busca fomentar a aprendizaxe do aimará, o quechua e o guaraní a través da técnica da animación por computador.

    Fonte: La Prensa

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder