Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de maio de 2014

    O Instituto Francés de Alxeria lanza un novo portal totalmente gratuíto dedicado á aprendizaxe da lingua francesa. O país africano, que ten o francés como primeira lingua estranxeira por diante do inglés, é o terceiro país francófono máis importante do mundo, despois de Francia e o Congo, segundo un estudo realizado en 2010 polo Observatorio da Lingua Francesa.

    Fonte: Le Nouvel Observateur

    07 de maio de 2014

    O exame de selección de docentes de ensino primario do estado indio de Karnataka incluirá por primeira vez outras linguas como medio de instrución e non só o canarés e o inglés. Estas novas linguas son o urdú, o támil, o telugú, o hindi e o maratí.

    Fonte: Deccan Herald

    07 de maio de 2014

    Culleredo clausurou a segunda edición do curso de nivel básico de lingua de signos. O Concello celebra o "éxito" da iniciativa, na que se organizou a segunda edición polos bos resultados da primeira.

    Fonte: La Opinión

    07 de maio de 2014

    A área de Éuscaro do Concello de Irún presentou Lannahi, o programa de cursos de éuscaro intensivos e gratuítos que ofrecerá a persoas desempregadas, co obxectivo de que “poidan aprender éuscaro ou mellorar o seu nivel actual nun prazo curto”.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    07 de maio de 2014

    O Consello Valenciano de Cultura aprobou unha «Declaración sobre a lingua dos valenciano e o seu ensino» na que reclama asegurar que a lingua propia «teña presenza en todo o proceso educativo e accesibilidade universal». O documento en favor do ensino en valenciano defende que «a escola é a mellor e máis estable plataforma para a súa aprendizaxe e divulgación, xunto á familia».

    Fonte: Levante-emv

    06 de maio de 2014

    Con motivo do Día da Lingua Portuguesa e da Cultura, o Instituto Portugués do Oriente (IPOR), situado en Macau (China), presenta un novo espazo en liña, a Árbore de Recursos da Lingua Portuguesa, que axudará ao ensino e aprendizaxe do portugués como lingua estranxeira.

    Fonte: Público

    06 de maio de 2014

    Un estudo realizado no centro médico Cohen Children de Nova York revelou que os nenos entre os 0 e os 3 anos que utilizaron aparellos electrónicos de pantalla táctil para xogar a xogos de contido non educativo mostraron un desenvolvemento lingüístico tardío.

    Fonte: Daily Mail

    06 de maio de 2014

    A Consellería de Traballo e Benestar vén de poñer en marcha o programa de cursos de idiomas no estranxeiro para mozos e mozas de entre 14 e 30 anos.

    Fonte: Xunta de Galicia

    06 de maio de 2014

    No ano en que se cumpren dúas décadas da aparición dos primeiros videoclips en galego da man do mítico programa da TVG Xabarín Club, o Festival de Cans prepárese para celebralo, coa proxección de documentais e videoclips, e o concerto dun dos principais expoñentes desta corrente musical: Heredeiros da Crus.

    Fonte: Faro de Vigo

    06 de maio de 2014

    O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra presenta unha nova edición do seu programa de actividades Maio, Mes da Lingua, sumándose así aos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas que ao longo deste mes terán lugar por todo o país.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder