Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de maio de 2014

    Un estudo realizado no centro médico Cohen Children de Nova York revelou que os nenos entre os 0 e os 3 anos que utilizaron aparellos electrónicos de pantalla táctil para xogar a xogos de contido non educativo mostraron un desenvolvemento lingüístico tardío.

    Fonte: Daily Mail

    06 de maio de 2014

    A Consellería de Traballo e Benestar vén de poñer en marcha o programa de cursos de idiomas no estranxeiro para mozos e mozas de entre 14 e 30 anos.

    Fonte: Xunta de Galicia

    06 de maio de 2014

    No ano en que se cumpren dúas décadas da aparición dos primeiros videoclips en galego da man do mítico programa da TVG Xabarín Club, o Festival de Cans prepárese para celebralo, coa proxección de documentais e videoclips, e o concerto dun dos principais expoñentes desta corrente musical: Heredeiros da Crus.

    Fonte: Faro de Vigo

    06 de maio de 2014

    O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra presenta unha nova edición do seu programa de actividades Maio, Mes da Lingua, sumándose así aos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas que ao longo deste mes terán lugar por todo o país.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    06 de maio de 2014

    Oito parques da cidade volverán reservar unhas horas cada semana para que os nenos teñan a oportunidade de xogar en éuscaro. A iniciativa, que arrancou en outono de 2012, denomínase Parketarrak e pretende “incrementar o uso do éuscaro dos nenos e nenas do barrio mentres están xogando na rúa ou no parque”, segundo explicou o Consistorio por medio dunha nota.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    06 de maio de 2014

    O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC) ratificou que o castelán debe ser o idioma vehicular nas escolas catalás nunha cota do 25 % se un alumno o pide, sen que sexa suficiente o ensino individualizado ao estudante nesa lingua.

    Fonte: Heraldo de Aragón

    05 de maio de 2014

    Un estudo realizado pola empresa Deloitte revela que se reduciu o número de estudantes de inglés en Malta respecto ao ano anterior. O informe tamén mostra que a estadía dos estudantes foi polo xeral máis longa.

    Fonte: Times of Malta

    05 de maio de 2014

    Os novos estudantes que entren na Universidade de Barcelona o próximo curso non poderán escoller certas combinacións, dado que se decidiu limitar a oferta a catro idiomas maioritarios europeos e un en clara expansión: inglés, alemán, español, francés e ruso. Da oferta caen o italiano e o portugués, entre outros. Isto afecta tanto á carreira de Lingüística, como á de Linguas e Literaturas Modernas.

    Fonte: El País

    05 de maio de 2014

    O candidado ao Parlamento Europea do partido irlandés Fianna Fáil, Thomas Byrne, declarou que a Unión Europea debe rematar a discriminación que a lingua irlandesa está a sufrir en Europa. Segundo as súas palabras, as sucesivas derogacións que a Unión Europea fixo do recoñecemento do irlandés como idioma oficial non obrigan a traducir a esta lingua todas as leis e documentos oficiais.

    Fonte: The Irish Times

    05 de maio de 2014

    A lingua aragonesa vai gañando espazo nas aulas. Este curso, 456 nenos estudan a materia extraescolar de aragonés nunha vintena de localidades de Huesca (colexios, centros rurais agrupados e un instituto), segundo datos do Programa de Aragonés do Departamento de Educación.

    Fonte: El Heraldo de Aragón

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder