Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    03 de maio de 2014

    Entre 10 000 e 20 000 accidentes laborais teñen a súa orixe en problemas de tipo lingüístico nos Países Baixos, declarou a fundación do ámbito do traballo Stitching van de Arbeid. Ademais, declara que entre un 5 % e un 10 % deses accidentes están causados pola falta de coñecementos suficientes de neerlandés.

    Fonte: Dutch News

    03 de maio de 2014

    O próximo día 5 de maio celébrase o Día da Lingua Portuguesa e da Cultura na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP). A Porto Editora publicará con motivo desta data unha edición actualizada do Dicionario Editora da Lingua Portuguesa.

    Fonte: Diário Digital

    02 de maio de 2014

    O dominio .eus abriu o prazo de solicitudes para optar a un dos 90 “pioneiros” que serán os primeiros en ter direccións de internet co dominio do éuscaro.

    Fonte: Efe Futuro

    02 de maio de 2014

    O Parlamento balear aprobou a proposta de mandato marco da radiotelevisión autonómica, IB3, que entre outras disposicións permite que os informativos poidan utilizar as modalidades lingüísticas propias que se falan en Mallorca, en Menorca, en Eivisa e en Formentera, en lugar de unicamente o catalán estándar que se viña empregando ata agora.

    Fonte: ABC

    01 de maio de 2014

    A editorial educativa Folens e a empresa de contidos interactivos StoryToys publicaron conxuntamente unha nova aplicación denominada Mo Chéad Foclóir (O meu primeiro dicionario) co obxectivo de axudar os nenos irlandeses a aprenderen gaélico.

    Fonte: Siliconrepublic

    30 de abril de 2014

    Con ocasión da última sesión do Parlamento Europeo, que precede as vindeiras eleccións do 25 de maio, o Intergrupo das Minorías Tradicionais (órgano integrado por 55 eurodeputados) consignaron o manifesto de Estrasburgo no que defenden as "linguas e minorías nacionais" incluídas na Unión Europea.

    Fonte: Nationalia

    30 de abril de 2014

    A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) convoca unha nova edición do Premio Leixaprén, unha iniciativa que ten como obxectivo recoñecer a persoas, entidades e institucións que se caracterizan por unha defensa activa da lingua galega en diferentes ámbitos sociais.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    30 de abril de 2014

    Prolingua vén de lanzar unha iniciativa para que todas as persoas que así o desexen graven uns breves vídeos de si mesmos, ou videoselfies, no que aparezan dicindo a frase "Por min o galego terá mil primaveras máis".

    Fonte: Praza Pública

    30 de abril de 2014

    A entidade Plataforma pola Lingua denunciou o Goberno da Generalitat valenciana no seu último InformeCAT sobre o vigor da lingua catalá. No estudo, culpan o presidente Fabra de pechar Radiotelevisión Valenciana e a súa canle Canal 9, co que "se apagan as dúas últimas canles de televisión en valenciano”, dise no documento.

    Fonte: Diálogo Libre

    30 de abril de 2014

    Barakaldo quere que o éuscaro soe máis nas súas rúas e por iso o Concello porá en marcha un plan para promover o idioma baixo o lema ‘Denok Euskaraz’. A iniciativa dirixirase fundamentalmente a menores de entre 4 e 12 anos, aínda que tamén se implicará aos seus pais, e incluirá actividades gratuítas como xogos e obradoiros.

    Fonte: El Correo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder