Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    28 de abril de 2014

    A Consellería de Educación, Cultura e Deporte convocou os premios literarios en lingua asturiana para 2014 nas categorías de novela, poesía ensaio, literatura infantil e cómic, galardóns que están dotados con 3000 euros e aos que poderán presentarse obras ata o 12 de setembro.

    Fonte: Finanzas

    28 de abril de 2014

    Microsoft Office 365 para empresas está xa dispoñible en vasco, catalán e galego, dentro do seu obxectivo de “chegar ao máximo número de usuarios e adaptarse aos seus requirimentos na vida dixital, tanto doméstica como profesional”.

    Fonte: Te Interesa

    25 de abril de 2014

    A oficina estatística de Finlandia publicou datos provisorios que mostran que os falantes dunha lingua diferente do finés, o sueco ou o saami constitúen o 5,4 por cento da poboación do país, lixeiramente superior ao 5,3 por cento dos falantes de sueco.

    Fonte: Uutiset

    25 de abril de 2014

    Activistas da Sociedade da Lingua Galesa ocuparon o edificio do Goberno galés en Cardiff pola "falta de acción do primeiro ministro galés ante os datos do último censo que mostran un descenso no número de falantes de galés".

    Fonte: Wales Online

    25 de abril de 2014

    A Universidade de Vigo participa, xunto con outras oito institucións académicas do país, nun proxecto piloto que traballa na formación de intérpretes en violencia de xénero co fin de que estes poidan prestarlles unha mellor asistencia ás vítimas estranxeiras.

    Fonte: Faro de Vigo

    25 de abril de 2014

    As Google Glass, as lentes intelixentes de Google, aterraron en Galicia para a súa presentación oficial a cargo do desenvolvedor tecnolóxico Andreu Ibáñez. En xuño coñeceranse as datas de lanzamento nos distintos países desta tecnoloxía que, cando saia en España, estará "cen por cento" preparada para a súa configuración en galego.

    Fonte: Galicia Hoxe

    25 de abril de 2014

    O Senado de México aprobou reformas das leis Federal de Transparencia e de Dereitos Lingüísticos dos Pobos Indíxenas, para que esta comunidade teña acceso á información pública gobernamental na súa lingua orixinaria.

    Fonte: El Economista

    25 de abril de 2014

    Investigadores do University College de Londres demostraron que o uso das variedades locais da lingua de signos está ameazada no Reino Unido. Entre as razóns que explican esta tendencia está, por exemplo, a influencia da televisión e internet e os maiores índices de ensino da lingua de signos estándar.

    Fonte: BBC

    25 de abril de 2014

    O ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, anunciou que reformará o sistema actual de concesión de nacionalidade para acabar coa “discrecionalidade” da Administración. Deste modo, adiantou que o Instituto Cervantes se encargará da proba de idioma e cultura españolas e que se elaborará un manual que deberán estudar os solicitantes sobre o que se avaliará o seu grao de integración e coñecemento da cultura española.

    Fonte: Huffington Post

    25 de abril de 2014

    A Fundación da Confederación Estatal de Persoas Xordas de España (CNSE) e a Fundación Solidariedade Carrefour, co apoio da Fundación ONCE, presentaron a primeira tradución de O Principiño á lingua de signos española. Esta edición componse do libro orixinal en español acompañado por un DVD coa tradución da obra íntegra á lingua de signos española, e locución e subtitulado en castelán.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder