O historiador Marcos Maceira será o novo presidente da Mesa pola Normalización Lingüística ao ser o único candidato a substituír ao que foi presidente durante 12 anos, Carlos Callón.
Fonte: Galicia Hoxe
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O historiador Marcos Maceira será o novo presidente da Mesa pola Normalización Lingüística ao ser o único candidato a substituír ao que foi presidente durante 12 anos, Carlos Callón.
Fonte: Galicia Hoxe
Por primeira vez, os carteis e manifestos que a cidade friulana de Udine emprega para a celebración do 25 de abril, Día da Liberación italiana, estarán tamén en lingua friulana.
Fonte: Il Friuli
A Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) pretende reforzar a influencia e a posición do portugués no sistema mundial como idioma común e lingua materna de millóns de persoas en todo o mundo, declarou nunha entrevista, Gilvan Muller, director executivo do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa (IILP).
Fonte: Voz da Rússia
O alcalde do municipio saami de Kautokeino en Noruega, Klemet Erland Hætta, declarou que os refuxiados que cheguen ás súas terras deben aprender a lingua saami e non noruegués para que se poidan integrar na comunidade.
Fonte: The Local
Nic.gal converteuse no primeiro dominio de .gal activado pola ICANN, o organismo internacional que xestiona a rede a nivel mundial. Tras máis de sete anos de traballo e coas sinaturas de apoio de doce mil cidadáns e 110 entidades, a posta en marcha desta primeira páxina, de carácter técnico e para probas, supón a delegación formal do dominio e a culminación dun longo proceso apoiado por toda a sociedade galega.
Fonte: Asociación PuntoGal
A Confraría de Estudantes, o Concello de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia presentan a segunda edición da campaña Vive a Paixón, unha iniciativa dirixida á poboación máis nova co obxectivo de que participen en galego nos ritos propios da Semana Santa e compartan as súas experiencias nas redes sociais.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta de Galicia vén de celebrar a entrega de premios do certame de declaracións de amor na rede Lingua de namorar, convocado polas consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística) e de Traballo e Benestar (a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado) con motivo da conmemoración do Día da Candeloria o pasado 2 de febreiro.
Fonte: Xunta de Galicia
O Goberno vasco empraza as empresas privadas a “interiorizar" a necesidade de cumprir coas “obrigas” que a lei establece respecto a informar, rotular ou atender en éuscaro co fin de respectar os dereitos lingüísticas dos consumidores e usuarios. Ademais, subliña que atender correctamente as demandas lingüísticas dos cidadáns é un elemento de calidade que axuda a atraer clientes.
Fonte: Deia
Estes centros imparten un 80 % do horario lectivo en inglés, co que se consegue que os alumnos teñan un dominio simultáneo do valenciano, castelán e inglés, co fin último de mellorar a súa competencia comunicativa en cada unha das linguas curriculares, explica o departamento de Campanar nun comunicado.
Fonte: Levante-emv
O Ministerio de Educación do Perú, a través do Programa Nacional de Bolsas, deu a coñecer a relación dos 272 beneficiarios que se formarán como educadores de linguas indíxenas como o quechua e o aimará.
Fonte: Andina
Subscríbase ao boletín