Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    24 de decembro de 2013

    O Consello do Goberno vasco aprobou a orde pola que se regula e convoca a concesión de subvencións para a promoción, difusión ou normalización do éuscaro na sociedade, durante o ano 2014, que conta cun importe económico próximo ao millón de euros, 979 200 euros en concreto.

    Fonte: Deia

    24 de decembro de 2013

    O Correlingua inicia a súa programación co concurso Cantalingua a través do que se escollerán os grupos que participarán nas festas finais do 5 ao 16 de maio.

    Fonte: Sermos Galiza

    24 de decembro de 2013

    Textos, humor gráfico e banda deseñada danse a man en Enchufados, unha nova publicación humorística en galego que comeza a súa andaina.

    Fonte: Culturagalega.org

    24 de decembro de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria levará o espectáculo poético-teatral ‘Acuario’, no marco do programa de dinamización lingüística ‘FalaRedes 2013’, a catro concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia durante esta semana de Nadal.

    Fonte: Xunta de Galicia

    23 de decembro de 2013

    As consellerías de Traballo e Benestar e de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria veñen de elaborar unha guía dixital para promover ao longo das festas de Nadal agasallos de produtos galegos, que presentaron en Santiago o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

    Fonte: Xunta de Galicia

    23 de decembro de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a ofrecer unha ampla oferta de actividades coas que festexar o Nadal en galego, no marco dos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    23 de decembro de 2013

    Por iniciativa do Servizo de Política Lingüística, a páxina web de turismo gastronómico “Saboreando Asturias” ofrécelles ás persoas interesadas un vocabulario relacionado coa comida cuns 400 termos en castelán e a correspondencia en asturiano e galego-asturiano. Desta forma, facilítase a consulta e pódense comprobar correspondencias, ademais de comparar vocábulos entre unhas linguas e outras.

    Fonte: Asturnews

    23 de decembro de 2013

    Desde hai xa algúns anos, os concellos de Errenteria, Lezo, Oiartzun e Pasaia unen esforzos, a través da Comisión de Éuscaro de Oarsoaldea, para fomentar a normalización do éuscaro no sector do comercio e da hostalería. Co obxectivo de “aumentar a presenza” desta lingua nestes establecementos, ofrécelles aos seus responsables un servizo gratuíto que abrangue tradución, maquetación, diferentes soportes para a paisaxe lingüística en éuscaro e asesoría técnica.

    23 de decembro de 2013

    Este Nadal, dentro das actividades de lecer para os máis pequenos, e co obxectivo de mostrar a utilidade e riqueza da lingua galega na creación audiovisual, proxectaranse dous filmes galegos de animación de gran prestixio e recoñecemento: O bosque animado e O soño dunha noite de San Xoán.

    Fonte: SNL de Redondela

    23 de decembro de 2013

    A Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia publican, no DOG do 20 de decembro de 2013, a resolución da convocatoria de axudas concedidas ás empresas que editan publicacións periódicas escritas integramente en galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder