Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de abril de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde do 31 de marzo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos para niveis non universitarios e se procede á súa convocatoria.

    Fonte: Xunta de Galicia

    09 de abril de 2014

    O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela presenta os datos sobre usos lingüísticos nos traballos de investigación (teses, traballos de fin de grao e traballos de fin de mestrado) relativos ao pasado ano 2013.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    09 de abril de 2014

    A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana felicita a dirección da televisión pública de Asturias por este avance e espera que esta iniciativa non quede nun caso illado e sexa o primeiro paso para que se vaian facendo máis retransmisións.

    Fonte: Infoasturies

    09 de abril de 2014

    O 36,4 % da poboación de máis de cinco anos da Comunidade Autónoma Vasca sabe ben éuscaro actualmente, mentres que hai 30 anos era o 22 %, e máis do 70 % do grupo de poboación menor de 20 anos é euscaldún, tras ter “un crecemento espectacular”, dado que hai 30 anos non chegaba ao 20 %.

    Fonte: La Información

    08 de abril de 2014

    Aínda que no ano 2010 vivían en México pouco máis de 6 millóns de falantes dunha lingua indíxena, esta cantidade foi diminuíndo, revelou a directora da Facultade de Filosofía e Letras, María de los Ángeles Corona Castellanos, polo que considerou necesario desenvolver accións que permitan o seu rescate e ensino co fin de preservar a identidade ancestral.

    Fonte: La Jornada de Oriente

    08 de abril de 2014

    O partido checo da oposición, TOP 09, elaborou un plan para permitir que os nenos e nenas da minoría xitana poidan recibir ensino na lingua romaní en escolas de ensino elemental da República Checa. Outros partidos manifestaron o seu apoio á iniciativa aínda que algúns expuxeron as súas dúbidas sobre a idoneidade de crear clases separadas para o alumnado xitano.

    Fonte: Radio Praha

    08 de abril de 2014

    O Certame de Canción de Autor en Galego, que convocou este ano por vez primeira o Concello de Teo, xa ten gañadora. Alba María impúxose aos outros sete finalistas e poderá gravar un disco de oito temas.

    Fonte: Culturagalega.org

    08 de abril de 2014

    O Concello de Ourense celebrará a Festa da Lingua cun programa de actividades que incluirá propostas vinculadas ao mundo da maxia, á ilustración, ao cine e aos xogos populares. O programa da festa, que busca promover o uso do galego, foi presentado no Concello de Ourense pola concelleira de Cultura e Educación, Ana Garrido.

    Fonte: La Voz de Galicia

    08 de abril de 2014

    A Universidade de Santiago informou da adaptación ao galego dunha suite de ferramentas informáticas para facilitar a análise econométrica escrita na linguaxe de programación C.

    Fonte: Código Cero

    08 de abril de 2014

    O 44,6 % dos alumnos de Cataluña acaba a ESO sen apenas saber escribir en inglés. Así se recolle na última avaliación externa que fai a Generalitat para coñecer a evolución do alumnado de 4º da ESO e o funcionamento de sistema.

    Fonte: Te Interesa

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder