Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de abril de 2014

    Estudantes da Universidade de Aberystwyth comezarán unha folga de fame de 48 horas para demandar que non se peche a residencia de fala galesa Pantycelyn.

    Fonte: Morning Star Online

    04 de abril de 2014

    A Generalitat e o Conselh Generau d’Aran celebraron o recoñecemento do Instituto de Estudos Araneses como academia lingüística en Cataluña da lingua occitana, chamada aranés no Val de Arán.

    Fonte: La Vanguardia

    04 de abril de 2014

    O xefe do Goberno da rexión chilena da Araucania, Francisco Huenchumilla, proporá que, a nivel central e no contexto da reforma educativa, se oficialice o mapuche na rexión.

    Fonte: Pura Noticia

    04 de abril de 2014

    A líder do Partido Quebequés, Pauline Marois, declarou que o Partido Liberal do Quebec non está comprometido coa defensa da lingua francesa e afirmou que de estar o seu partido no Goberno, adoptaría unha nova carta para garantir a protección dos dereitos lingüísticos no Quebec.

    Fonte: CBC News

    03 de abril de 2014

    O IES Monte da Vila do Grove acolleu o acto de clausura e entrega de premios aos gañadores da vixésima edición do Certame Gráfico pola Normalización Lingüística, acto organizado pola coordinadora de equipos de dinamización lingüística dos centros de secundaria da comarca.

    Fonte: Faro de Vigo

    03 de abril de 2014

    O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela e as bibliotecas públicas do municipio organizan a sexta edición da Semana do libro: a festa das palabras. Trátase dunha campaña de animación á lectura e de difusión das diferentes linguas que se falan na Península Ibérica, que se desenvolverá ao longo deste mes de abril.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    03 de abril de 2014

    A Federación Estremeña de Asociacións de Persoas Xordas (Fexas) está traballando nun texto normativo para impulsar na Asemblea de Estremadura unha lei autonómica de lingua de signos similar á que xa existe noutras comunidades autónomas que sirva para desenvolver na rexión a normativa estatal que se aprobou en 2007.

    Fonte: Europa Press

    03 de abril de 2014

    O Goberno aprobou a modificación da Lei 20/2010, de 7 de xullo, do cine de acordo co ditame da Unión Europea polo que as películas europeas quedan excluídas das obrigas de dobraxe e subtitulación en lingua catalá previstas pola lei. A nova redacción fixa que a Generalitat si que poderá establecer mecanismos de axuda á dobraxe e subtitulado desas obras.

    02 de abril de 2014

    Bota a andar en Lisboa o FESTin (Festival de Cinema Itinerante da Lingua Portuguesa), un acontecemento que celebra a diversidade da lusofonía. A programación desta quinta edición abordará temas como a democracia e a ditadura e dedicará a homenaxe á produción cinematográfica de Cabo Verde.

    Fonte: RFI

    02 de abril de 2014

    O centro cultural bretón de Saint-Herblain organiza a "semana do bretón e do idioma galó". O departamento do Loira Atlántico e diversos concellos uniranse ás actividades organizadas con motivo desta celebración, que contará tamén co apoio da rexión da Bretaña.

    Fonte: Ouest France

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder