Grazas a unha iniciativa promovida polo Departamento de Normalización Lingüística do colexio, acáballes de proporcionar aos clientes dos negocios da Estrada 15 000 etiquetas de felicitación en galego.
Fonte: Faro de Vigo
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Grazas a unha iniciativa promovida polo Departamento de Normalización Lingüística do colexio, acáballes de proporcionar aos clientes dos negocios da Estrada 15 000 etiquetas de felicitación en galego.
Fonte: Faro de Vigo
A euscaldunización non pode abranguer todo o circuíto sanitario de golpe, polo que haberá áreas prioritarias, en concreto a atención primaria e os hospitais. Pero, sobre todo, o plan centrarase nos menores e nas persoas maiores, que serán os principias obxectivos.
Fonte: Deia
A conselleira de Desenvolvemento Económico e Competitividade do Goberno vasco, Arantza Tapia, remarcou a importancia da produción cultural en éuscaro na economía vasca e asegurou que é “un sector de futuro", sobre todo para a xuventude.
Fonte: EITB
Un organismo de control educativo de Gales desvela que máis do 80 % do alumnado de idades comprendidas entre os tres e os sete anos está progresando na aprendizaxe do galés nas escolas onde o ensino se desenvolve só por medio desta lingua.
Fonte: Wales Online
O Goberno de Sri Lanka prevé a introdución obrigatoria das linguas locais, a relixión e a historia nacional nas escolas privadas do país, incluídos os centros internacionais de ensino.
Fonte: Colombo Page
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoiou a proxección exterior do sector editorial galego na Feira do Libro Internacional de Guadalaxara, en México.
Fonte: Xunta de Galicia
O Grupo de investigación de Estudos Galegos da UW-Milwaukee acaba de convocar o primeiro simposio sobre o "Mapa dos estudos galegos en Norteamérica" que terá lugar nesta universidade dos EE.UU. en maio de 2014.
Fonte: Galicia Confidencial
O Concello de Carballo vén de plasmar nunha nova ordenanza as medidas que, en gran medida, xa viña levando á práctica no seu traballo cotián.
Fonte: Praza Pública
O valverdeiro, o lagarteiro e o mañego son variedades esencialmente galegas que, a pesar das diferenzas entre elas, constitúen un mesmo ‘dialecto’, o valego, a terceira póla da lingua galega medieval que segue viva en Estremadura.
Fonte: Universidade de Vigo
Os grupos da oposición valenciana asinaron un documento xunto a partidos independentistas e asociacións catalanistas para defender o uso da lingua catalá na Comunidade Valenciana na relación coas institucións e cos comercios privados.
Fonte: Las Provincias
Subscríbase ao boletín