Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    26 de maio de 2010

    Os editores dun novo libro sobre linguas aborixes afirman que máis dun millón de topónimos indíxenas se atopa en perigo de desaparecer para sempre.

    Fonte: ABC News

    26 de maio de 2010

    O coordinador da comisión executiva da Televisión Pública de Angola (TPA), Hélder Bárber, anunciou que este órgano público de comunicación social vai incorporar aos principais servizos informativos unha "ventá" de lingua de signos.

    Fonte: Angola Press

    26 de maio de 2010

    O inglés continúa sendo a lingua estranxeira máis popular para os alumnos das escolas finlandesas. Segundo os datos facilitados polo instituto estatístico finlandés, máis do 99 % dos estudantes de ensino secundario cursou inglés en 2009.

    Fonte: YLE

    25 de maio de 2010

    A conselleira de Xustiza e Administracións Públicas, Paula Sánchez de León, anunciou que se vai poñer en marcha un plan de fomento do valenciano na Administración da Generalitat, a pesar de que recoñeceu que hai "un bo nivel de coñecemento do valenciano".

    Fonte: ADN

    25 de maio de 2010

    O Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia foi publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG). O novo marco legal, que substituirá o Decreto 124/2007, do 28 de xuño, garante “a adquisición dunha competencia en igualdade nas dúas linguas oficiais de Galicia” e “o máximo equilibrio posible nas horas semanais e nas materias impartidas nas dúas linguas oficiais de Galicia, co obxectivo de asegurar a adquisición da competencia semellante nelas”.

    25 de maio de 2010

    O Goberno español informa que antes de que remate o 2010, “haberá acceso en lingua galega á web de Paradores”. O Goberno xustifica a presenza do catalán desde hai varios anos, “polo alto número de clientes procedentes de Cataluña” e explica que “desde hai máis dun ano, Paradores está a realizar unha profunda reforma da web na que se inclúe o acceso en galego”.

    Fonte: Código Cero

    25 de maio de 2010

    O Día do Idioma Nativo é unha festividade de Perú que se celebra cada 27 de maio en conmemoración ao recoñecemento das súas linguas aborixes como o quechua, o aimará ou as linguas selváticas.

    Fonte: Los Andes

    25 de maio de 2010

    O diario dixital A Nosa Terra inaugura ANT Lingua, un espazo sobre como mellorar a fala e escrita en galego baseado na participación dos usuarios e usuarias do xornal.

    Fonte: CTNL

    24 de maio de 2010

    O Executivo promulgou a lei que recoñece oficialmente a lingua de signos peruana, aprobada polo pleno do Congreso da República, e que beneficiará a máis de 675.000 persoas con discapacidade auditiva no país que utilizan este mecanismo para comunicarse.

    Fonte: Andina

    24 de maio de 2010

    Nos últimos anos, desde o Consorcio para a Normalización Lingüística avanzouse para achegar a lingua catalá a máis de 90 países de todo o mundo. Grazas a novas ferramentas, como o portal Parla.cat, "diversificouse a formación en lingua catalá", tal e como explicou o secretario de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya, Bernat Joan.

    Fonte: Avui

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder