Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    31 de maio de 2010

    A educación bilingüe é unha promesa de campaña que ningún dos políticos que a propuxo levou á práctica, pese a que no Congreso Nacional se presentaron varios proxectos de reforma constitucional.

    Fonte: El Heraldo

    31 de maio de 2010

    Linguamón-Casa das Linguas presenta o seu proxecto ante a Unesco en París. A máxima institución das Nacións Unidas en materia de educación e linguas invitou a Linguamón a que expoña as súas liñas de traballo ante a súa Plataforma Intersectorial de Linguas e Multilingüismo, o organismo da Unesco que coordina todas as accións en materia de multilingüismo.

    Fonte: Linguamón

    31 de maio de 2010

    O Goberno rexional considera o sector do español un recurso económico en Castela-A Mancha como unha importante fonte de riqueza, desenvolvemento social, promoción económica e cultural da rexión.

    Fonte: La Cerca

    31 de maio de 2010

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Fundación Preescolar na Casa reforzan a súa cooperación a prol do fomento do uso do galego. Fano a través dun convenio de colaboración para continuar co programa Preescolar na Casa, unha iniciativa que busca favorecer a formación dos pais e das nais para axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos seus fillos a través da reflexión sobre o acontecer da vida diaria.

    Fonte: Xunta de Galicia

    31 de maio de 2010

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Diocese Mondoñedo-Ferrol reforzan a súa colaboración na promoción do uso da lingua galega, a través dun convenio no que se recollen diversas actuacións en materia de dinamización lingüística.

    Fonte: Xunta de Galicia

    28 de maio de 2010

    O ministro de Educación armenio, Armen Ashotian, afirmou que en breve se presentará ao Parlamento para a súa aprobación un proxecto de lei revisado que permitirá que un número limitado de escolas de Armenia imparta docencia nunha lingua estranxeira.

    Fonte: RFERL

    28 de maio de 2010

    O novo currículo oficial de infantil non inclúe a materia de asturiano, polo que os centros que solicitan un profesor para ofertar a materia reciben unha negativa da Consellería de Educación. Porén, dáse a circunstancia de que os colexios que xa tiñan asturiano antes da entrada en vigor deste currículo manteñen os seus docentes e seguen ensinando esta lingua.

    Fonte: La Voz de Asturias

    28 de maio de 2010

    Angola precisa polo menos 1.500 avogados que falen linguas estranxeiras para negociar contratos e defender mellor os intereses do país, en especial os dos clientes.

    Fonte: Agência Angola Press

    28 de maio de 2010

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, asistiu á XIV Convivencia de Educación Infantil Cholo e Nela e o rumor da fraga, que se desenvolveu no CEIP Julio Gurriarán Canalejas do Barco de Valdeorras.

    Fonte: Xunta de Galicia

    28 de maio de 2010

    A localidade de Olivenza recuperará o nome das súas rúas en portugués, unha iniciativa presentada ante as institucións políticas municipais por parte da asociación cultural Além Guadiana.

    Fonte: Europa Press

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder