O deputado xeral de Biscaia, José Luis Bilbao, sorprendeu ao anunciar que a institución foral destinará unha partida extra de cinco millóns de euros dirixida a impulsar o éuscaro.
Fonte: Deia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O deputado xeral de Biscaia, José Luis Bilbao, sorprendeu ao anunciar que a institución foral destinará unha partida extra de cinco millóns de euros dirixida a impulsar o éuscaro.
Fonte: Deia
O 93,9 % da poboación maior de 15 anos residente na Comunidade Valenciana entende o valenciano e o 76,7 % sabe falalo, segundo reflicte a enquisa de Coñecemento e Uso Social do Valenciano realizada en 2010 e que publicou a Consellería de Educación.
Fonte: Europa Press
O programa Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística aposta pola mellor música pop en galego para que os máis novos poidan gozar ao máximo nesta ponte da Constitución.
Fonte: Xunta de Galicia
Un total de 1.679 persoas presentouse aos exames Celga que organizou a Secretaría Xeral de Política Lingüística nas últimas dúas fins de semana pasadas, os días 20, 21, 27 e 28 de novembro.
Fonte: Xunta de Galicia
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela acaba de poñer en marcha unha campaña para a promoción do uso da lingua galega no ámbito deportivo.
Fonte: CTNL
A campaña Xantar Compostela, que pretende achegar o galego ao sector da gastronomía e fomentar o seu uso entre a clientela destes locais, inclúe máis de 200.000 manteis que se repartirán polos 1.500 establecementos da Asociación Hostelería Compostela.
Fonte: Galicia Hoxe
Membros da Academia Valenciana da Lingua (AVL) reuníronse cunha trintena de presbíteros e laicos para analizar a presenza do valenciano na Igrexa e acordaron constituír unha entidade para a publicación de textos relixiosos.
Fonte: El País
A porcentaxe dos cidadáns vascos que saben éuscaro pasou do 22 ao 37,5 % nos últimos 30 anos, segundo desvelou a conselleira de Cultura, Blanca Urgell, con motivo da celebración do Día Internacional do Éuscaro.
Fonte: EITB
Sete linguas indíxenas foron recoñecidas legal e oficialmente polo Estado panameño, segundo publica o Boletín Oficial. Esta nova norma estableceuse nunha lei que recoñece a "diversidade cultural como un valor histórico e patrimonio da humanidade".
Fonte: Radio Nacional de Venezuela
Existen 39,4 millóns de usuarios en internet que falan coreano, o que representa un 2 % do total do mundo. O coreano sitúase como a décima lingua máis empregada en internet, segundo os datos publicados por Internet World Stats en xuño de 2010.
Fonte: The Korea Herald
Subscríbase ao boletín