Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    02 de xuño de 2010

    A Televisión de Galicia inicia o día 7 deste mes unha nova tempada do Ben falado!, o microespazo sobre lingua galega que promove e financia a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    Fonte: Xunta de Galicia

    02 de xuño de 2010

    O ano pasado o número de sentenzas ditadas polos xulgados e tribunais de Cataluña chegou ás 250.537. Destas, o 84,1 % estaba escrito en castelán, e o resto (un 15,9 %) en catalán. Este é o quinto ano consecutivo en que hai un retroceso na porcentaxe de sentenzas en catalán en relación co total.

    Fonte: Avui

    01 de xuño de 2010

    O Goberno vasco, a través do Departamento de Cultura, asumirá algo máis dun terzo da principal partida das axudas públicas ao éuscaro en Iparralde: os 1.600.000 euros que pon a disposición de organismos e entidades vinculados á normalización do éuscaro Euskararen Erakunde Publikoa-Office Public de la Langue Basque (Oficina Pública da Lingua Vasca).

    Fonte: Diario Vasco

    01 de xuño de 2010

    A viceconselleira vasca de Política Lingüística, Lourdes Auzmendi, admitiu que existen «queixas» de usuarios descontentos á hora de recibir atención en éuscaro en sectores como a Ertzaintza ou a sanidade pública.

    Fonte: El Correo

    01 de xuño de 2010

    No marco do acordo organizaranse actividades de formación, intercambiaranse recursos, impulsarase a dixitalización de documentos e integrarase o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia na Rede de dinamización lingüística.

    Fonte: Xunta de Galicia

    01 de xuño de 2010

    A defensa do galego vai máis alá do emprego literario ou da reflexión lingüística, e inclúe o seu uso cotián en todos os ámbitos, tamén nos espazos específicos de investigación. As tres universidades galegas inician a campaña "En galego tamén se fai ciencia".

    Fonte: CTNL

    01 de xuño de 2010

    Segundo un informe da Unión Internacional de Telecomunicacións do ano 2010, existe unha necesidade de máis contidos locais nas linguas rexionais en internet. O informe asegura que a web, na que aínda prevalece o inglés, precisa cambiar a medida que a proporción de usuarios de internet anglófonos se reduce.

    Fonte: The Hindu

    01 de xuño de 2010

    O municipio de Tacuru, situado 416 quilómetros ao sur de Campo Grande, capital do estado brasileiro de Mato Grosso do Sur, promulgou o día 31 de maio a lei municipal que establece a lingua indíxena guaraní como o seu idioma oficial, xunto co portugués.

    Fonte: Pueblo en Línea

    31 de maio de 2010

    No marco do programa xeral para promover o uso do éuscaro, a Comisión Europea acordou que o Goberno vasco destine a ese fin 12.690.000 €.

    Fonte: Euskara

    31 de maio de 2010

    Cerca de oito de cada dez vascos utilizan principal ou exclusivamente o castelán para comunicarse cos seus familiares e amigos, segundo os resultados do último Sociómetro do Goberno vasco. O uso do éuscaro é algo maior nas relacións de amizade que nas relacións familiares.

    Fonte: El Correo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder