O asubío da Gomera podería converterse en breve en materia regrada e obrigatoria, e podería estudarse en colexios e institutos como unha materia máis.
Fonte: RTVC
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O asubío da Gomera podería converterse en breve en materia regrada e obrigatoria, e podería estudarse en colexios e institutos como unha materia máis.
Fonte: RTVC
O presidente do Senado, Javier Rojo, defendeu o uso de linguas cooficiais na Cámara Alta porque están "amparadas" pola Constitución e afirmou que nos parlamentos autonómicos tamén hai tradutores e "non pasa nada".
Fonte: Europa Press
A Coordinadora dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística de Redondela presentou o seu blog en internet que pretende ser un avance máis de cara á normalización da lingua galega no ámbito educativo e nas novas tecnoloxías.
Fonte: Faro de Vigo
A comisión de cultura do Parlamento de Cataluña aprobou unha proposta de resolución de apoio ao uso social da lingua occitana en todos os seus territorios. Deste xeito, contribuirase ao avance do uso social do occitano, xa que se establecerán vínculos políticos e culturais coas entidades occitanas.
Fonte: Avui
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) impulsou unha iniciativa lexislativa no Parlamento autonómico co obxectivo de garantir por lei a posibilidade de "restituír" a onomástica na súa forma galega orixinal, así como que a información e rotulación de infraestruturas e servizos figuren, "polo menos, en galego".
Fonte: Faro de Vigo
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) afirma que a metade das linguas modernas "desaparecerá probablemente" a finais de século.
Fonte: Press TV
EITB ampliará en breve a súa programación en éuscaro en Iparralde coa emisión dun novo programa semanal informativo de media hora que se emitirá cada sábado. Esta nova oferta en éuscaro chega grazas a un convenio alcanzado entre a radio televisión pública vasca e a Oficina Pública da Lingua Vasca en Iparralde, institución encargada da política lingüística no País Vasco francés.
Fonte: Diario Vasco
No presente ano lectivo, cerca de 84.000 alumnos acoden a 5.680 cursos de Lingua e Cultura Portuguesas no ámbito do Ensino Portugués no Estranxeiro (EPE), segundo datos do Gabinete de Estudos e Planeamento da Educación (GEPE) do Ministerio de Educación.
Fonte: Mundo Português
A Fundación Lois Peña Novo fixo público que o seu premio anual que recoñece a contribución á extensión social do uso da lingua galega lles será concedido ao Concello de Burela, polo seu Modelo Burela de normalización lingüística; ao académico Ramón Lorenzo e ao bufete de avogados Foro Avogado Lugo SCP.
Fonte: CTNL
O Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino, que organiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística, remata a programación da súa quinta edición na cidade de Santiago de Compostela, onde se presentarán dúas experiencias pioneiras no fomento do uso do galego desde o ámbito educativo.
Fonte: Xunta de Galicia
Subscríbase ao boletín