A ferramenta de tradución do buscador de Google xa dá a opción de traducir textos de 60 idiomas diferentes ao éuscaro. Grazas á ferramenta de Google, poderanse traducir textos, páxinas web e documentos a través de internet.
Fonte: EiTB
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A ferramenta de tradución do buscador de Google xa dá a opción de traducir textos de 60 idiomas diferentes ao éuscaro. Grazas á ferramenta de Google, poderanse traducir textos, páxinas web e documentos a través de internet.
Fonte: EiTB
Sudáfrica é un país onde conviven oficialmente once linguas distintas e a radiotelevisión pública (SABC, siglas en inglés) retransmitirá os 64 partidos do Mundial simultaneamente en todas e cada unha delas.
Fonte: Marca
MoviLSE é un servizo desenvolvido por Catarsis Producciones, unha empresa madrileña especializada en produtos multimedia para persoas xordas e cegas, que consiste nun sistema de alarmas que se envían diariamente ao móbil en formato de enlace.
Fonte: El Mundo
África disporá da primeira canle de televisión vía satélite en lingua árabe, que transmitirá informativos e programación variada, confirmaron directivos da institución.
Fonte: Prensa Latina
Fundación Repsol e a Secretaría Xeral de Política Lingüística asinaron un convenio de colaboración para a convocatoria e o desenvolvemento da cuarta edición do Premio Narrativa Breve Repsol, creado en 2006 pola refinería de Repsol na Coruña.
Fonte: Xunta de Galicia
O ministro de Educación Mike Russell fixo historia ao falar en gaélico no Consello Europeo, no que se dirixiu aos membros do Consello de Educación, Xuventude e Cultura nunha reunión en Bruxelas. A pequena intervención é a primeira realizada nunha xuntanza deste tipo en gaélico, lingua que foi recoñecida como cooficial na UE.
Fonte: BBC News
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, fixo entrega dos premios aos centros educativos gañadores do Concurso-Exposición Letras Galegas 2010.
Fonte: Xunta de Galicia
O vicepresidente da Comisión de Xustiza e Estrutura do Estado presentou un proxecto de Lei orgánica de dereitos lingüísticos dos pobos e nacionalidades indíxenas, cuxa finalidade é ditar normas sobre o uso, a investigación lingüística, a construción do léxico escrito, a estrutura gramatical, o sistema fonolóxico, a tradución ao castelán, a promoción, fomento, desenvolvemento, ensino e conservación dos idiomas ancestrais.
Fonte: Radio Sucre
O servizo de tradución de texto de Google conta cunha característica de grande utilidade como é a posibilidade de escoitar as traducións a viva voz mediante tecnoloxía text-to-speech que vén de ampliar o seu soporte de linguas, de xeito que xa non só fala en inglés, francés, italiano, alemán, hindi e español, senón que agora tamén pode pronunciar os textos traducidos ao albanés, catalán, mandarín, croata, checo, danés, holandés, finés, grego etc.
Fonte: Código Cero
O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, presentou a páxina web do Proxecto Toponimia, toponimia.xunta.es, dentro dunha iniciativa que ten como principal obxectivo axudar a salvagardar o riquísimo patrimonio cultural galego a través da recuperación da toponimia da comunidade autónoma.
Subscríbase ao boletín