Unha canle de televisión australiana está retransmitindo as primeiras leccións nunha lingua aborixe dirixidas a nenos pequenos nun intento por deter o alarmante declive que acabou con centos de dialectos nativos.
Fonte: The Straits Times
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Unha canle de televisión australiana está retransmitindo as primeiras leccións nunha lingua aborixe dirixidas a nenos pequenos nun intento por deter o alarmante declive que acabou con centos de dialectos nativos.
Fonte: The Straits Times
Partidarios da lingua celebraron o Día das Letras Asturianas reclamando a oficialidade, nunha concorrida manifestación que, como todos os anos, organizou a Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana.
Fonte: Europa Press
O Síndic de Greuges da Comunidade Valenciana, José Cholbi, recoméndalle á Consellería de Sanidade que nas súas publicacións institucionais adopte "todas as medidas que sexan necesarias para que os folletos e os formularios estean redactados nas dúas linguas cooficiais da Comunidade Valenciana, de xeito que non poida prevalecer unha lingua sobre a outra".
Fonte: Europa Press
A organización de escritores PEN Catalán denunciou ante a ONU a marxinación da lingua catalá no ámbito da xustiza, durante o Exame Periódico Universal (EPU) ao que se someteu o Estado español na sede das Nacións Unidas en Xenebra.
Fonte: PEN Català
A conselleira de Educación e Cultura de Aragón, María Victoria Broto, explicou nas Cortes que a Comunidade dispón de 72 programas bilingües nos centros educativos con máis de 10.000 alumnos.
Fonte: ABC
O ministro de Asuntos Exteriores de Turquía, Ahmet Davutoglu, participou na cerimonia inaugural das instalacións dunha escola en Crimea, onde afirmou que Turquía estaba preparada para ampliar as axudas co fin de abrir novas escolas que ofrezan educación na lingua tátara.
Fonte: World Bulletin
Exipto, Arabia Saudita e os Emiratos Árabes Unidos foron os primeiros países aos que lles asignaron distintivos de país en árabe. Máis de vinte países solicitáronlle xa á ICANN (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers [Corporación de Internet para a Asignación de Nomes e Números]) a aprobación de dominios internacionais.
Fonte: Telegraph
Os europarlamentarios Ramon Tremosa (CiU), Oriol Junqueras (ERC) e Raül Romeva (ICV) denunciaron que o Goberno español segue incumprindo os acordos que asinou no ano 2005 coas institucións europeas polos que se aprobou que a correspondencia cos cidadáns catalanoparlantes se puidese facer en catalán, tal como fixo público Horitzó Europa.
Fonte: La Vanguardia
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, recibiu os alumnos e alumnas que estudan lingua e cultura galegas no Instituto Cañada Blanch de Londres e que viaxaron ata Galicia para complementar a súa aprendizaxe nesta materia.
Fonte: Xunta de Galicia
As escolas do Val de Arán, o Consello Xeral de Arán e os concellos, así como diferentes entidades e organizacións promoven un manifesto en defensa do aranés, ante a nova lei que tramita o Parlamento para regular a oficialidade da lingua.
Fonte: Qué
Subscríbase ao boletín