Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de maio de 2010

    Un total de catro de cada dez parellas de orixe castelanfalante fálalles en catalán con tanta ou máis intensidade ca en castelán aos seus fillos, segundo o estudo Llengua i joves. Usos i percepcions lingüístics de la joventut catalana (Lingua e mocidade. Usos e percepcións lingüísticas da xuventude catalá.

    Fonte: Avui

    12 de maio de 2010

    Un total de 35 alumnos e alumnas que cursa estudos de lingua e cultura galegas en Cataluña está visitando Galicia no marco do proxecto Galauda, un programa de aprendizaxe de galego do que forman parte nos seus centros de ensino.

    Fonte: Xunta de Galicia

    11 de maio de 2010

    A matriculación na materia de Lingua Asturiana incrementouse nos últimos dez anos nuns 9.700 alumnos segundo informou o conselleiro de Educación, José Luis Iglesias Riopedre, quen engadiu que o profesorado desta materia aumentou nun 63 por cento no mesmo período.

    Fonte: La Nueva España

    11 de maio de 2010

    Cultura promoverá o éuscaro a través das actividades que se desenvolverán en paralelo á celebración dos próximos cursos de verán da Universidade do País Vasco (UPV).

    Fonte: El País

    11 de maio de 2010

    Apoiar o traballo de alumnos e profesores no marco do Espazo Europeo de Educación Superior ao mesmo tempo que se fomenta a docencia en galego é o obxectivo principal das doce novas unidades didácticas que presentou a Universidade de Santiago de Compostela.

    Fonte: La Voz de Galicia

    11 de maio de 2010

    Unha enquisa realizada pola empresa de recursos humanos Adecco sobre os idiomas máis valorados polo mercado laboral sinala que para o 100% dos empregados o inglés é o idioma máis apreciado; seguido do alemán, elixido polo 47%; do francés, polo 33,6%; e do chinés, polo 18%. Porén, as valoracións cambian cando se lles pregunta polos dous idiomas do futuro. O inglés segue sendo o máis valorado, polo 92,2% dos enquisados, pero o chinés ascende ata o segundo lugar para o 69,5%.

    11 de maio de 2010

    A CNSE para a Supresión das Barreiras de Comunicación e a Fundación Carrefour presentaron un novo dicionario infantil bilingüe de lingua de signos española e lingua española. Baixo o título Descubre nuevos signos, ambas as entidades teñen como obxectivo acercar a lingua de signos aos menores, tanto xordos como oíntes, de entre tres e oito anos de idade.

    Fonte: Europa Press

    11 de maio de 2010

    A lingua portuguesa vai ser celebrada na sede da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco), en París.

    Fonte: Jornal Digital

    11 de maio de 2010

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia continúa o seu labor de proxección exterior da lingua e da cultura galegas a través dos centros de estudos galegos, que desenvolven a súa actividade en máis de corenta universidades de todo o mundo.

    Fonte: Xunta de Galicia

    10 de maio de 2010

    Tan só para acceder ao 1 % dos postos de traballo da Administración foral de Navarra é preceptivo o coñecemento do éuscaro. Hai outras prazas no Goberno nas que o éuscaro conta como mérito, pero este só representa o 1 ou 2 % do total.

    Fonte: Noticias de Navarra

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder