Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de maio de 2010

    O Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino, que organiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística, remata a programación da súa quinta edición na cidade de Santiago de Compostela, onde se presentarán dúas experiencias pioneiras no fomento do uso do galego desde o ámbito educativo.

    Fonte: Xunta de Galicia

    19 de maio de 2010

    O 43,6 % dos mozos nacidos no estranxeiro pero residentes en Cataluña sabe falar catalán. Esta porcentaxe extráese da enquisa de usos lingüísticos de 2008 e inclúese no recente informe Llengua i joves da Generalitat de Catalunya.

    Fonte: El Periódico

    19 de maio de 2010

    O Instituto Nacional para a Educación dos Adultos (INEA) imparte instrución á poboación indíxena a partir de materiais en 49 linguas autóctonas, co que contribúe á súa preservación.

    Fonte: Yucatán

    18 de maio de 2010

    O secretario de Estado para a Unión Europea (UE), Diego López Garrido, acusou o presidente do Parlamento Europeo, Jerzy Buzek, de bloquear o uso normalizado das linguas cooficiais do Estado -catalán, vasco e galego- por parte dos membros da Eurocámara.

    Fonte: EFE

    18 de maio de 2010

    Os alumnos de bacharelato que cheguen a Euskadi procedentes doutra comunidade autónoma ou do estranxeiro e que se integren no sistema educativo vasco quedarán exentos tanto do ensino como da avaliación do éuscaro. Nas etapas da ensinanza obrigatoria este tipo de escolares estudarán a lingua vasca.

    Fonte: El País

    18 de maio de 2010

    Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas o pasado 17 de maio, o presidente da Xunta de Galicia fixo unha intervención na que propuxo un gran pacto pola lingua.

    Fonte: Xunta de Galicia

    18 de maio de 2010

    A páxina web do Concello de Zaragoza conta con seis servizos adaptados á lingua de signos española. A través de varios vídeos, o colectivo de persoas xordas poderá acceder aos contidos do mapa web, a benvida do alcalde, Zaragoza sen barreiras, turismo, queixas e suxestións, e xuventude.

    Fonte: El Periódico de Aragón

    18 de maio de 2010

    A historia de Turquía fixo do país, en palabras do catedrático e etimólogo George Hewitt, un "tesouro lingüístico". Pero se non se fai máis para salvar estas linguas, podería converterse nun cemiterio lingüístico. A Unesco catalogou 15 linguas faladas en Turquía como "en perigo" e criticou o país por non facer o suficiente para salvalas.

    Fonte: Aljazeera

    18 de maio de 2010

    O Día das Letras Galegas congregou a decenas de miles de persoas en Santiago de Compostela para reivindicar o seu "dereito a vivir en galego". A manifestación, convocada pola Plataforma Queremos Galego, marchou polas rúas da capital tras unha pancarta que rezaba "O galego, a forza do noso amor", unha cita do poeta Uxío Novoneyra, a quen estaba dedicado o día.

    Fonte: El País

    18 de maio de 2010

    A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana cualifica de éxito a campaña de envío masivo de correos electrónicos, con máis de 3.000 mensaxes enviadas aos directivos do ente público.

    Fonte: Asturies.com

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder