Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    05 de maio de 2010

    Logo do seu paso polas cidades da Coruña, de Vigo e de Lugo durante o mes de abril, o V Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino retomou a súa programación nas cidades de Santiago de Compostela, de Ferrol, de Pontevedra e de Ourense.

    Fonte: Xunta de Galicia

    05 de maio de 2010

    As actividades que actualmente se están a realizar desde os centros educativos para fomentar o uso da lingua galega incrementaron a súa calidade respecto do pasado curso escolar.

    Fonte: Xunta de Galicia

    05 de maio de 2010

    Un total de dez centros de educación secundaria obrigatoria (ESO) da Comunidade Valenciana está participando nun programa experimental consistente en impartir un curso de lingua e cultura chinesas para os alumnos de 3º e 4º.

    Fonte: 20 minutos

    04 de maio de 2010

    O mantemento do portugués como lingua oficial de Timor-Leste está sendo nos últimos meses cuestionado por «varias voces» da sociedade timorense. Na base das críticas están argumentos como a distancia xeográfica que separa o país de calquera dos seus socios da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) e o feito de que gran parte da poboación entende as linguas dos dous principais países veciños (malaio indonesio e inglés).

    Fonte: Ibinda

    04 de maio de 2010

    A sección primeira da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestima o recurso dun home que esixiu a Tráfico poder facer en galego o exame para o permiso de moto.

    Fonte: La Voz de Galicia

    04 de maio de 2010

    A directora xeral de Política Lingüística do Goberno asturiano, Consuelo Vega, cuestionou nunha entrevista que exista unha "maioría suficiente" para solicitar a oficialidade do asturiano na próxima reforma do Estatuto de Autonomía.

    Fonte: 20minutos

    04 de maio de 2010

    Poñer en valor a lingua dos pobos excluídos de Perú é o obxectivo do dicionario en seis idiomas, quechua, aimará e outras catro linguas (inglés, alemán, francés e español), que foi presentado en Lima (Perú).

    Fonte: La República

    04 de maio de 2010

    A Plataforma pola Lingua explicou que, en quince días de campaña durante o mes de febreiro, recibiu 8.000 queixas de cidadáns contra a discriminación da lingua catalá no cine.

    Fonte: Móndivers

    04 de maio de 2010

    A Deputación Provincial de Lugo e a Secretaría Xeral de Política Lingüística iniciaron os primeiros contactos para establecer unha colaboración na promoción do uso da lingua galega desde o ámbito local.

    Fonte: Xunta de Galicia

    03 de maio de 2010

    Un total de 71 consistorios dos 542 existentes nas comarcas valencianas loita nas súas oficinas de promoción do valenciano con desigual éxito. O Consello da Generalitat Valenciana comprometeuse a impulsar oficinas en municipios de máis de 5.000 habitantes.

    Fonte: Levante

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder