Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    28 de abril de 2010

    O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo promove "Un mar de viñetas", un programa de dinamización que pretende favorecer o achegamento dos mozos e mozas á lectura en galego empregando a banda deseñada como ferramenta didáctica.

    Fonte: CTNL

    28 de abril de 2010

    O V Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino, que organiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística, retomou a súa programación na Coruña e en Vigo incidindo nas vantaxes que ofrecen as aplicacións web 2.0 para desenvolver actividades de dinamización lingüística nos centros de ensino.

    Fonte: Xunta de Galicia

    28 de abril de 2010

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, trasladoulle ao arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Xulián Barrio, a importancia de promover a utilización da lingua galega na actividade eclesial aproveitando a celebración do Ano Santo.

    Fonte: Xunta de Galicia

    28 de abril de 2010

    O número de persoas de 5 anos ou máis que fala unha lingua distinta do inglés na casa duplicouse nas últimas tres décadas a un ritmo catro veces maior có crecemento da poboación do país, segundo un novo informe da Oficina do Censo dos Estados Unidos que analiza datos da Enquisa sobre a Comunidade Estadounidense durante o período 1980-2007.

    Fonte: PR News Wire

    27 de abril de 2010

    Escola Valenciana presentou a campaña 'Matricula en Futur, Matricula en Valencià', que anima os pais a matricular os fillos en catalán e explica os beneficios educativos.

    Fonte: Vilaweb

    27 de abril de 2010

    A Concellería de Normalización Lingüística do Concello da Coruña convoca subvencións a entidades sen fin de lucro para realizaren accións de normalización da lingua galega.

    Fonte: CTNL

    27 de abril de 2010

    A integración do idioma árabe en internet e outros sectores tecnolóxicos outorgará a millóns de cidadáns o acceso ao mundo dixital, segundo afirman executivos de Microsoft e Google.

    Fonte: Hoy Tecnología

    27 de abril de 2010

    Nove de cada dez profesores da rede pública vasca acreditaron un perfil de éuscaro. O 85% ten o nivel 2, o que permite dar clases en éuscaro, e o resto aprobou o título máis básico que garante a posibilidade de comunicarse en lingua vasca.

    Fonte: El Correo

    27 de abril de 2010

    O ixcateco, lingua indíxena de Nochixtlán, ten só seis falantes nesa zona de México, todos adultos maiores que como moito vivirán dez anos máis; porén as xeracións vindeiras non queren aprender a lingua materna porque a mesma sociedade o cualifica como retroceso.

    Fonte: ADN Sureste

    26 de abril de 2010

    As Nacións Unidas celebraron o aniversario do falecemento de William Shakespeare conmemorando o Día da Lingua Inglesa, a segunda celebración deste ano dunha serie que ten como obxectivo promover a sensibilización e o respecto pola historia, a cultura e os logros de cada unha das seis linguas oficiais desta entidade internacional.

    Fonte: UN News Centre

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder