Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    26 de abril de 2010

    O Consello Asesor da Lingua reuniuse para tratar a lei do aranés, que se encontra en proceso de tramitación parlamentaria.

    Fonte: Europa Press

    26 de abril de 2010

    A eventual non inclusión do portugués como lingua de traballo do Servizo Europeo de Acción Externa é inaceptable e inadmisible, di o presidente da Comisión de Asuntos Exteriores da Asemblea da República.

    Fonte: Renascença

    26 de abril de 2010

    O ensino da lingua vernácula umbundu nas escolas de ensino primario da provincia de Huambo ampliarase este ano coa formación de 2500 profesores.

    Fonte: Angop

    26 de abril de 2010

    O cine galego e en galego tamén triunfa en Portugal. Logo da súa estrea o pasado día 17 no país veciño, o filme Pradolongo recibiu unha grande acollida nas salas dos Cinemas Cinemax de Braga. Deste xeito, Pradolongo convértese no primeiro filme en lingua galega que se estrea nas salas comerciais de Portugal, grazas á iniciativa do Centro de Estudos Galegos do Instituto de Letras e Ciências Humanas da Universidade do Minho.

    Fonte: Xunta de Galicia

    26 de abril de 2010

    O director territorial de Telefónica en Galicia e Asturias, Ignacio Aller, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, manifestaron a súa vontade de seguir explorando novas accións que contribúan a promover o uso da lingua galega nos servizos que ofrece a compañía de telecomunicacións.

    Fonte: Xunta de Galicia

    23 de abril de 2010

    A Secretaría de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya e Radio Flaixbac únense o 23 de abril para organizar a campaña 'Encomana el català' (Contaxia o catalán), con actuacións musicais en directo e un concurso cidadán de karaoke de música en catalán.

    Fonte: Europa Press

    23 de abril de 2010

    O Consello de Garantías Estatutarias avalou por unanimidade o Proxecto de Lei de acollida das persoas inmigradas e retornadas a Cataluña, incluído o seu artigo 9, que fixa o catalán como lingua de primeira acollida dos inmigrantes.

    Fonte: El País

    23 de abril de 2010

    As tensións entre francófonos e flamengos debido a discrepancias insalvables sobre o réxime lingüístico na periferia de Bruxelas (BHV) provocaron esta nova crise de goberno.

    Fonte: Vieiros

    23 de abril de 2010

    O xornal de Mediapro Público saca, coincidindo co 23 de abril, un suplemento en catalán. Trátase de Públic, un caderno diario de 12 páxinas escrito integramente nesta lingua e dedicado á actualidade social, política e cultural do país.

    Fonte: Avui

    23 de abril de 2010

    O Comité de Ministros do Consello de Europa acaba de publicar o terceiro informe sobre a situación das linguas minoritarias do Reino Unido, segundo informou o servizo de prensa do Consello de Europa.

    Fonte: Focus

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder