Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    21 de abril de 2010

    O Ministerio de Obras Públicas e de Servizos Gobernamentais anunciou a sinatura de acordos de contribucións suplementarias para reforzar as linguas oficiais de Canadá.

    Fonte: Marketwire

    21 de abril de 2010

    Aproveitar as vantaxes das TIC para fomentar o uso do galego nos centros educativos. Este é un dos principais obxectivos do V Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística dirixida ao profesorado que se desenvolve nas cidades da Coruña, de Vigo e mais de Lugo.

    Fonte: Xunta de Galicia

    21 de abril de 2010

    Os lexisladores do partido presidencial das Rexións de Ucraína presentaron un proxecto de lei ante o Parlamento para permitir o uso da lingua rusa ante os tribunais, segundo RIA Novosti.

    Fonte: Financial

    21 de abril de 2010

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o director da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Pablo Figueroa, presentaron o Manual básico de documentación administrativa e xurídica, unha publicación que recolle por vez primeira modelos de documentación xurídica en galego para facilitar e promover o labor dos profesionais da Administración de Xustiza nesta lingua.

    Fonte: Xunta de Galicia

    20 de abril de 2010

    O primeiro ministro, Navin Ramgoolam, prometeu a introdución da lingua crioula de Mauricio como materia optativa no ensino primario en caso de vitoria nas próximas lexislativas.

    Fonte: Lexpress

    20 de abril de 2010

    O Departamento de Electricidade e Electrónica da Facultade de Ciencia e Tecnoloxía desenvolveu un innovador sistema automático de tradución de voz do éuscaro.

    Fonte: Deia

    20 de abril de 2010

    O Goberno deixou sentadas as bases para que os médicos especialistas extracomunitarios poidan exercer en España. Un real decreto establece que deberán acreditar o "coñecemento correcto do castelán".

    Fonte: El País

    20 de abril de 2010

    A Deputación de Guipúscoa inaugurou un sistema que pretende normalizar a comunicación entre as persoas xordas e os servizos sociais do ente foral. Trátase dun mecanismo de tradución simultánea mediante cámara web que estará dispoñible na Área de Atención á Dependencia do Departamento de Política Social.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    20 de abril de 2010

    Parla.cat xa ten accesibles todos os cursos de suficiencia. Complétase así o cuarto e último nivel deste contorno de aprendizaxe de catalán en liña, desenvolvido pola Secretaría de Política Lingüística do Departamento da Vicepresidencia e o Instituto Ramon Llull, en colaboración co Consorcio para a Normalización Lingüística.

    20 de abril de 2010

    Un total de 128 centros de ensino privado de Galicia recibirán as axudas da Secretaría Xeral de Política Lingüística para promover o uso do galego no ámbito educativo.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder