Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de abril de 2010

    O Goberno mauritano desmentiu que queira proceder a unha "arabización completa da Administración", dúas semanas despois do comezo das manifestacións de estudantes contra esta opción.

    Fonte: AFP

    14 de abril de 2010

    O Consello da Xuventude de Galicia, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, presenta a cuarta edición de Lingua de amor, o concurso de cancións e declaracións de amor a través do correo electrónico.

    Fonte: CTNL

    14 de abril de 2010

    O número de escolas de lingua gaélica en Escocia podería triplicarse e pasar de dúas a seis no prazo de dous anos, de acordo cos plans para aumentar o número de persoas que falan esta lingua.

    Fonte: News.Scotland.com

    14 de abril de 2010

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o presidente da Deputación Provincial de Ourense, José Luis Baltar, mantiveron unha reunión, na que estableceron as bases para a colaboración entre ambas as entidades a prol do uso da lingua galega.

    Fonte: Xunta de Galicia

    13 de abril de 2010

    A proximidade de moitos destinos árabes, o crecemento dun amplo sector de poboación de orixe emigrante que reclama servizos básicos no seu idioma e os negocios fan que cada vez máis persoas se interesen pola aprendizaxe do árabe.

    Fonte: Canarias al Día

    13 de abril de 2010

    A presidenta de Filipinas, Gloria Macapagal-Arroyo, recibirá un premio do Goberno español pola promoción da lingua española en Filipinas.

    Fonte: Philippine Information Agency

    13 de abril de 2010

    A maioría dos escolares españois, tanto de primaria como de secundaria, que estuda no Programa de educación bilingüe, implantado na escola pública desde 1996, mostra un dominio "moi fluído" desta lingua e emprégaa de forma "natural".

    Fonte: 20 minutos

    13 de abril de 2010

    O Ministerio de Fomento, a través da Comisión Especializada de Nomes Xeográficos, integrada no Consello Superior Xeográfico, desenvolve unha campaña estatal de promoción da toponimia, que en Asturias conta coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo.

    Fonte: Asturnews

    13 de abril de 2010

    Un total de 153 alumnos e alumnas da comarca do Bierzo, en Castela e León, viaxou ata Galicia para participar nun programa de estadía que complementará os seus estudos de galego. O subdirector xeral de Política Lingüística, Xoán Rivas, recibiu os estudantes, que proceden dun total de 13 centros educativos da comarca do Bierzo, onde están a seguir o programa de estudo en galego que ten en marcha a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    Fonte: Xunta de Galicia

    13 de abril de 2010

    O galego é a lingua utilizada por 23.500 persoas nacidas no Bierzo e por outras 10.000 asentadas en Ponferrada, tras emigrar desde as vilas da parte oriental de Lugo e Ourense. De feito, o 60 % da poboación maior de 65 anos usa este idioma, mentres que só un 3 % da xente nova o fala.

    Fonte: La Voz de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder