Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de abril de 2010

    O Instituto Nacional de Antropoloxía e Historia (INAH-Conaculta) coparticipa na creación dun alfabeto kikapú que poida usarse entre os aproximadamente 700 membros desta tribo binacional. Os kikapús son, xunto cos seris, o grupo lingüístico indíxena do país con menos de mil habitantes. Os seus integrantes comunícanse na súa lingua orixinaria e a maioría coñece e fala o inglés e o español.

    Fonte: El Universal

    09 de abril de 2010

    A conselleira de Acción Social e Cidadanía da Generalitat de Catalunya, Carme Capdevila, instou os romaneses que viven en Cataluña a aprender catalán para prosperar socialmente, na presentación da guía Vivir en Catalunya. Aprendamos catalán desde el rumano.

    Fonte: La Vanguardia

    09 de abril de 2010

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, fixo un balance positivo das numerosas iniciativas levadas a cabo polo seu departamento en 2009 para fomentar o uso da lingua galega.

    Fonte: Xunta de Galicia

    09 de abril de 2010

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, asegurou que o espírito do proxecto de decreto para o plurilingüismo é “ofrecer unha educación de calidade, garantir a adquisición das competencias en galego e castelán e introducir as linguas estranxeiras” no sistema educativo galego.

    Fonte: Xunta de Galicia

    08 de abril de 2010

    O anteproxecto de lei das eleccións que permite a publicidade en linguas distintas do turco foi aprobado no Parlamento. A lei indica que o turco é a lingua principal para realizar a publicidade, aínda que non se prevén accións legais contra o uso doutras linguas.

    Fonte: World Bulletin

    08 de abril de 2010

    Segundo un informe do Departamento de Educación do Goberno vasco, durante o curso 2008-2009 as ikastolas obtiveron a taxa de aprobados máis alta en primaria, secundaria e bacharelato.

    Fonte: Noticias de Álava

    08 de abril de 2010

    Esta é unha das principais conclusións dun estudo sobre o multilingüismo como instrumento de negocio en Cataluña que deseñou e coordinou a Cátedra de Multilingüismo Linguamón da Universidade Aberta de Cataluña (UOC), xunto á Secretaría de Política Lingüística da Generalitat.

    Fonte: ABC

    08 de abril de 2010

    A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria introducirá novos cambios no proxecto de decreto para o plurilingüismo, que responden á metade de emendas realizadas pola comisión permanente do Consello Escolar de Galicia, emendas que non puideron ser debatidas na sesión plenaria.

    Fonte: Xunta de Galicia

    08 de abril de 2010

    A Plataforma pola Lingua Catalá, con motivo das comparecencias no Parlamento de Cataluña en relación coa Lei do aranés, quixo manifestar o seu apoio a unha lexislación que garanta o pleno recoñecemento da lingua occitana no Val de Arán.

    Fonte: Avui

    07 de abril de 2010

    De 68 linguas que se falan en Colombia, hai cinco próximas á morte e outras están en estado crítico. Hainas mesmo con menos de 10 falantes. Acábase de aprobar unha lei, a 1381 de 2010, que intenta preservalas.

    Fonte: El Colombiano

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder