Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de abril de 2010

    Só o 32,16 % dos 26.052 libros que se publicaron o ano pasado en Cataluña, o País Valenciano e Baleares se editou en catalán, cifra inferior ás rexistradas noutras zonas con linguas cooficiais, como Galicia, onde os libros en galego representan o 57,32 % do total, ou o País Vasco, onde os libros en vasco son o 45,7 %.

    Fonte: Avui

    06 de abril de 2010

    Política Lingüística sumouse ao proxecto ‘Elaboración e edición dos materiais do Atlas Lingüístico da Península Ibérica’, coordinado polo Consello Superior de Investigacións Científicas.

    Fonte: Asturies.com

    06 de abril de 2010

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de resolver o concurso-exposición que convoca con motivo do Día das Letras Galegas, unha iniciativa dirixida a todos os centros de ensino non universitario de titularidade da Consellería de Educación.

    Fonte: Xunta de Galicia

    05 de abril de 2010

    As provincias ucraínas terán o dereito de elixir a lingua de comunicación segundo as necesidades dos seus habitantes.

    Fonte: RIA Novosti

    05 de abril de 2010

    Un 2,8% dos catálogos das axencias de viaxes que ofrecen os seus servizos en Cataluña son en catalán, segundo un informe da Plataforma per la Llengua y Consum Català, tendo en conta as principais axencias do territorio.

    Fonte: Finanzas

    05 de abril de 2010

    Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) decidiu enviar unha carta a todos os grupos políticos do Congreso na que lles ofrece sumarse a unha proposición de lei de reforma limitada do Regulamento da Cámara Baixa co fin de que se permita o uso das linguas cooficiais nas sesións plenarias, en comisión e en distintos traballos parlamentarios.

    Fonte: Europa Press

    05 de abril de 2010

    O último estudo elaborado polo Departamento de Educación reflicte que dous terzos da poboación enquisada avoga por que o ensino en éuscaro se oferte en toda Navarra. Unha petición que é totalmente maioritaria na zona vascófona (o 82% dos seus habitantes) pero tamén alcanza porcentaxes elevadas na zona mixta (67,5%) e a non vascófona (61%).

    Fonte: Noticias de Navarra

    05 de abril de 2010

    Os membros da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) aprobaron un plan de acción para a promoción do idioma luso como lingua internacional e de uso oficial na Organización de Nacións Unidas (ONU).

    Fonte: EFE

    05 de abril de 2010

    O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, urxiulle ao Ministerio de Fomento a corrixir un total de 115 indicadores que "exclúen a lingua galega".

    Fonte: La Opinión de A Coruña

    05 de abril de 2010

    Fomentar o uso e o coñecemento do galego entre os profesionais da Administración é un dos obxectivos prioritarios da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Con este fin, o departamento que dirixe Anxo Lorenzo botou a andar o pasado mes de xaneiro, en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública (EGAP), a súa oferta formativa en linguaxe administrativa galega.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder