Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    30 de marzo de 2010

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación Provincial de Pontevedra restablecerán un convenio de colaboración para levar adiante un labor conxunto de promoción do galego.

    Fonte: Xunta de Galicia

    30 de marzo de 2010

    A lingua portuguesa está gañando alumnos nas escolas dos Estados Unidos, mentres que os cursos das asociacións das comunidades portuguesas perderon máis da metade da poboación estudantil que tiñan hai seis anos.

    Fonte: Diário Digital

    30 de marzo de 2010

    O responsable da Secretaría Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, vén de reunirse cos directores dos proxectos de investigación sobre o galego que está a desenvolver o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

    Fonte: Xunta de Galicia

    30 de marzo de 2010

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura levarán a obra Teatro: oficio e arte por diversos centros educativos de toda Galicia para conmemorar o Día Internacional do Teatro, que se celebra o 27 de marzo.

    Fonte: Xunta de Galicia

    30 de marzo de 2010

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, destacou os novos retos que se lle presentan á lingua galega no sector editorial a través das tecnoloxías da información e da comunicación.

    Fonte: Xunta de Galicia

    26 de marzo de 2010

    A lingua portuguesa é a máis falada en Mozambique e gaña cada vez máis espazo entre a poboación máis nova residente nas zonas urbanas.

    Fonte: Angola Press

    26 de marzo de 2010

    A Universidade de Deusto publicou un traballo sobre terminoloxía xurídica en éuscaro, que leva por título Nomografía y Corredacción Legislativa e que foi realizado coa colaboración do Instituto Vasco de Administración Pública.

    Fonte: 20minutos

    26 de marzo de 2010

    O pleno do Parlamento de Navarra aprobou unha moción do Partido Socialista Navarro pola que se insta o Goberno da comunidade a que elabore e poña en marcha un plan de dinamización e desenvolvemento do sector audiovisual, incluíndo a creación dunha radio pública en éuscaro a través dun acordo coa corporación de RTVE.

    Fonte: 20minutos

    26 de marzo de 2010

    O 96% dos guipuscoanos cre que o éuscaro é unha lingua con futuro, e o 82% que é un idioma atractivo. Hai menos xente nova que considera que a vasca é unha lingua imposta (son máis os que cren que é o castelán o que se impón e, sobre todo, o inglés) e, de entre a poboación de 15 a 30 anos, un terzo xa é trilingüe. Son algunhas das conclusións máis positivas que se extraen de Hizbegia 07, unha enquisa cuantitativa da percepción lingüística dos guipuscoanos.

    26 de marzo de 2010

    “O principal obxectivo do novo decreto é lograr que o alumnado remate a súa formación cun dominio efectivo das dúas linguas oficiais”. Así o afirmou o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, durante a súa comparecencia no Parlamento de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder