Ahamed Attoumani Douchina, presidente do Consello Xeral, invitou os habitantes de Mayotte a traballar pola valorización e conservación das súas linguas abocadas á desaparición como moitas linguas non escritas.
Fonte: RFO
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Ahamed Attoumani Douchina, presidente do Consello Xeral, invitou os habitantes de Mayotte a traballar pola valorización e conservación das súas linguas abocadas á desaparición como moitas linguas non escritas.
Fonte: RFO
A supervivencia do irlandés como lingua atópase gravemente ameazada porque cada vez máis funcionarios non o saben falar e usan o inglés no seu lugar. Sean O Cuirreain, o comisario da lingua irlandesa, afirmou que, desde unha perspectiva nacional, a lingua propia está segura e protexida por leis estatais.
Fonte: Independent
Éuscaro e castelán terán idéntica importancia no sistema escolar vasco, se ben a lingua vasca gozará dunha «atención preferente», que se traducirá nunha maior carga horaria.
Fonte: Diario Vasco
O español non só non sofre pola ensinanza bilingüe, senón que se beneficia dela. Os alumnos de colexios que combinan castelán e inglés obteñen mellores resultados na primeira lingua que os educados exclusivamente nesta. Isto confirma que o alumno bilingüe mellora a súa capacidade de aprender. Algo que tamén apuntaban datos de autonomías con dous idiomas oficiais.
Fonte: El País
A partir dunha pantalla táctil, o farmacéutico pode facer preguntas, dar explicacións ou imprimir consellos en calquera das linguas dispoñibles (catalán, castelán, inglés, francés, chinés, árabe, romanés e portugués). A finalidade desta iniciativa é favorecer unha atención integral de todos os usuarios, tanto locais como estranxeiros.
Fonte: Linguamón
A Xunta pola Defensa de la Llingua e Aconceyamientu de Xuristes pol Asturianu comezan unha campaña para que o Estado español siga as recomendacións do Consello de Europa e mellore o status legal do asturiano.
Fonte: Asturies.com
O Goberno vasco, a Generalitat de Catalunya, a Xunta de Galicia e o Goberno das Illas Baleares entréganlle á empresa vasca Eroski o II Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado Español.
Fonte: Europa Press
O éuscaro vaise valorar como mérito con carácter xeral e particularmente nos postos xenéricos na Administración de Xustiza e só de forma especial se considerará como requisito de acceso e desempeño nos postos singularizados.
Fonte: El País
Miles de persoas, unhas 3.000 segundo a organización, manifestáronse o día 28 de marzo en Pamplona, convocadas por pais e nais da zona non vascófona, para esixir a plena oficialidade do éuscaro en todo o territorio de Navarra.
Fonte: Diario de Navarra
A Ciberirmandade da Fala ten un novo obxectivo dende esta semana: convencer a multinacional sueca Ikea de que a lingua galega ten que ter un espazo á hora de comunicarse cos clientes de Galicia.
Fonte: Vieiros
Subscríbase ao boletín