Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de abril de 2010

    O Departamento vasco de Cultura abriu o prazo de solicitude para acceder ao proceso de avaliación externa 'Bikain', un certificado de calidade de xestión lingüística sobre o uso do éuscaro no mundo da empresa e no ámbito socioeconómico.

    Fonte: Diario Vasco

    07 de abril de 2010

    Alcaldes e rexedores do territorio székely declaran simbolicamente a igualdade da lingua maxiar e a romanesa, e piden en Bucarest que aprobe a autonomía para as provincias de maioría húngara.

    Fonte: Nationalia

    07 de abril de 2010

    A lingua portuguesa vai ter unha plataforma de ensino común en internet. A medida está prevista nun plan de acción, aprobado polo Consello de Ministros da Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP), que ten como obxectivo a “promoción, difusión e proxección” do portugués.

    Fonte: Sapo.pt

    07 de abril de 2010

    O gaélico é unha lingua aínda en decadencia falada só por pouco máis do 1 % da poboación do país. Pero o Concello de Glasgow presentou unha imaxe atrevida para contribuír a asegurar o futuro do gaélico na maior cidade de Escocia.

    Fonte: Herald Scotland

    07 de abril de 2010

    A Deputación da Coruña, en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística, puxo en marcha a campaña "Tes dereitos lingüísticos. Exérceos", co obxectivo de potenciar o uso do galego na Administración, así como desmontar tópicos en relación cos dereitos lingüísticos.

    Fonte: CTNL

    07 de abril de 2010

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de lles asignar os 800.000 euros de axudas para fomentar o galego no sistema educativo a un total de 942 centros de ensino de toda a comunidade galega.

    Fonte: Xunta de Galicia

    06 de abril de 2010

    A Generalitat de Catalunya traballa nun proxecto de decreto polo que se esixirá o nivel C de lingua catalá a todos os que queiran traballar de profesor nas universidades de Cataluña. A Universidade das Illas Baleares (UIB) non esixe actualmente requisito ningún neste sentido e non ten previsto incorporalo polo menos «a curto prazo».

    Fonte: Diario de Ibiza

    06 de abril de 2010

    A televisión pública turca TRT lanzou unha canle en lingua árabe destinada a consolidar os vínculos co mundo árabe.

    Fonte: Casafree.com

    06 de abril de 2010

    Maris Baltins, director do Centro Letón da Lingua de Estado, cualificou de inadmisibles os debates sobre a posibilidade do ensino en lingua rusa nas escolas superiores de Letonia.

    Fonte: RIA Novosti

    06 de abril de 2010

    A idea ten como principal obxectivo o de normalizar o uso do tamazight na Administración local e mellorar así o servizo que se lle ofrece á cidadanía en xeral e aos falantes desta lingua en particular.

    Fonte: InfoMelilla

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder