Durante a visita do primeiro ministro ruso, Vladímir Putin, a Venezuela os dous gobernos comprometéronse a incorporar o estudo e a difusión dos idiomas castelán e ruso en ambos os países no nivel universitario.
Fonte: El Universal
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Durante a visita do primeiro ministro ruso, Vladímir Putin, a Venezuela os dous gobernos comprometéronse a incorporar o estudo e a difusión dos idiomas castelán e ruso en ambos os países no nivel universitario.
Fonte: El Universal
A Casa Cultura de Navia acolleu a presentación dun novo colectivo en defensa da lingua do Eo-Navia. A organización denuncia a situación actual do galego-asturiano como “intolerable”.
Fonte: Asturnews
China apoia o recoñecemento do portugués como lingua de traballo da ONU, segundo anunciou o ministro de Asuntos Exteriores de Portugal, Luís Amado.
Fonte: Açoriano Oriental
Apple acaba de presentar a nova versión do sistema operativo do iPhone que dá o primeiro paso no recoñecemento das linguas minoritarias por parte da compañía. O sistema operativo móbil incluirá o catalán como lingua oficial, o que significa que por primeira vez Apple traduce un dos seus produtos a este idioma.
Fonte: Vieiros
A plataforma Queremos Galego iniciou unha recollida de sinaturas simbólica para apoiar a proposición de lei en defensa dos dereitos lingüísticos que tramitarán os grupos da oposición no Parlamento autonómico e que conterá os preceptos recollidos na iniciativa lexislativa popular (ILP) rexeitada pola Mesa da Cámara.
Fonte: A Nosa Terra
Joves de Mallorca per la Llengua presentaron o xa tradicional Correllengua, que a partir do sábado día 17 de abril comezará a percorrer todas as poboacións da illa.
Fonte: Diario de Mallorca
Representantes do Ministerio de Educación Nacional afirmaron que o Ministerio comezou a traballar na introdución da Lingua armenia nas escolas como materia optativa. A iniciativa continuará con clases tamén optativas de árabe e hebreo.
Fonte: History of Truth
Un político belga denunciou que certos municipios flamengos próximos a Bruxelas pactan con axencias inmobiliarias favorecer na compra de vivenda privada a belgas de orixe neerlandófona (en prexuízo dos francófonos do país e dos cidadáns doutros países da Unión Europea que non falan flamengo).
Fonte: ABC
Os alumnos matriculados nalgunha das materias que se ofertan en éuscaro na Universidade Pública de Navarra aumentaron un 38 % nos últimos cinco cursos académicos.
Fonte: Noticias de Navarra
Unha abrumadora maioría de eurodeputados da Comisión de Liberdades Civís, Xustiza e Asuntos de Interior do Parlamento Europeo apoiou o xoves 8 de abril os plans para garantir que os cidadáns europeos poidan recibir servizo de interpretación na súa propia lingua nos procesos criminais noutro Estado membro.
Fonte: EUobserver
Subscríbase ao boletín