A Consellería de Educación incluirá no proxecto de Decreto para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia unha proposta da mesa sectorial que facilitará a xestión dos centros educativos.
Fonte: Xunta de Galicia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Consellería de Educación incluirá no proxecto de Decreto para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia unha proposta da mesa sectorial que facilitará a xestión dos centros educativos.
Fonte: Xunta de Galicia
O Pleno do Senado aprobou por unanimidade unha moción na que se lle solicita ao Goberno español que inclúa a Real Academia Galega (RAG) na partida orzamentaria do Ministerio de Educación, para establecer así unha asignación anual de maior "estabilidade e seguridade" que coas subvencións.
Fonte: Galicia Hoxe
Os estudantes de Ucraína escollerán eles mesmos a súa lingua de ensino, segundo declarou o ministro de Educación ucraíno, Dmitri Tabatchnik. Na súa opinión non se debe privar á maioría dos cidadáns do dereito de estudar na súa lingua materna (o ruso), pero o dominio do ucraíno debe continuar sendo obrigatorio.
Fonte: Ria Novosti
O pasado día 23 de marzo celebrouse a cerimonia inaugural do Ano do Idioma Chinés que se levou a cabo en Moscova, mentres China e Rusia buscan promover os seus intercambios culturais e relacións bilaterais.
Fonte: Pueblo en Línea
Os funcionarios da Administración do Principado de Asturias deberán dirixir a súas comunicacións de carácter interno en castelán e non en asturiano. Así o avala unha sentenza do Xulgado número 3 do contencioso-administrativo de Asturias.
Fonte: La Nueva España
A Comisión Europea aprobou as axudas públicas españolas para a dobraxe e subtitulado de películas ao catalán por un monto de 12 millóns de euros, ao estimar que son conformes á normativa comunitaria.
Fonte: AFP
Máis de 1.500 estudantes de educación básica do estado de Hidalgo de zonas urbanas e rurais serán responsables de protexer diversas linguas indíxenas no estado, como a otomí, náhuatl, hñahñu e tepehua.
Fonte: El Universal
Escola Valenciana e Softcatalà presentaron Softvalencià (http://www.softvalencia.org), unha iniciativa que conta co asesoramento da Academia Valenciana da Lingua (AVL) e os servizos lingüísticos das universidades públicas para poñer a disposición dos usuarios software libre en valenciano, segundo informou a entidade cívica nun comunicado.
Fonte: 20minutos
Os gobernos de Brasil e dos Estados Unidos renovaron un acordo de cooperación na área de educación que pretende fortalecer o ensino da lingua inglesa nas escolas brasileiras.
Fonte: Estadão
O Sindicato de Traballadores e Traballadoras do Ensino do País Valenciano (Stepv-Iv) animou os pais a matricular os seus fillos na opción de ensinanza en valenciano porque é "o único que garante o coñecemento das dúas linguas oficiais -da comunidade- en igualdade de condicións, un dos obxectivos da normativa educativa autonómica".
Fonte: 20minutos
Subscríbase ao boletín