Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    22 de marzo de 2010

    O presidente de Air Berlin, Álvaro Mendelhman, asegurou que o castelán é "suficiente" para as persoas que en España fagan uso dos servizos da súa compañía a través da súa páxina web e que non é necesario introducir as linguas cooficiais como o catalán.

    Fonte: Europa Press

    18 de marzo de 2010

    «Os inmigrantes teñen o deber de coñecer a lingua castelá e usala nas súas relacións cos poderes públicos de Castela e León». É o artigo 26 do anteproxecto de Lei de integración dos inmigrantes, promovido polo Executivo autonómico e de aplicación entre as persoas sen cidadanía europea que adquiran «veciñanza administrativa» nesta comunidade.

    Fonte: El Norte de Castilla

    18 de marzo de 2010

    O xefe do Goberno de Macau defendeu que o territorio ten as condicións para se transformar nun centro de difusión do portugués e do mandarín coa finalidade de potenciar as relacións entre China e a lusofonía.

    Fonte: LUSA

    18 de marzo de 2010

    Unha nova páxina web axudará aos profesores a enfrontarse á lingua escocesa. O recurso en liña, desenvolvido polo órgano curricular Learning and Teaching Scotland (LTS), proporcionará información sobre a historia do escocés, ofrecerá exemplos de textos e incluirá consellos sobre gramática e pronuncia, así como gravacións de vídeo e son acerca de como se fala o escocés.

    Fonte: Herald Scotland

    18 de marzo de 2010

    Como unha forma de democratizar as relacións interparlamentarias e propiciar a interculturalidade no Congreso da República, aprobouse por unanimidade solicitar a adquisición de recursos tecnolóxicos para realizar interpretacións simultáneas do idioma quechua ao español durante as sesións do Pleno.

    Fonte: La República

    18 de marzo de 2010

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística lidera o proxecto europeo Camiño das culturas e das linguas. Diversidade cultural e lingüística no Camiño de Santiago, unha iniciativa que busca promover a diversidade lingüística e cultural no marco do Camiño de Santiago, tendo como eixe fundamental a lingua e a cultura galegas.

    Fonte: Xunta de Galicia

    17 de marzo de 2010

    China ten 56 grupos étnicos recoñecidos, e arredor de 100 das súas linguas están en perigo de extinción, segundo a Organización das Nacións Unidas.

    Fonte: News Center

    17 de marzo de 2010

    O líder parlamentario do Partido Popular Paquistaní-Sherpao na Asemblea da provincia da Fronteira do Noroeste (Paquistán), Sikandar Sherpao, presentou un proxecto de lei na Secretaría da Asemblea que procura medidas para garantir o ensino, a promoción e o uso da lingua paxtún.

    Fonte: The News

    17 de marzo de 2010

    A lingua rusa fálase cada vez menos en Xeorxia, sobre todo entre a xente nova de menos de 25 anos, declarou o ex primeiro ministro xeorxiano Zourab Nogaïdeli.

    Fonte: RIA Novosti

    17 de marzo de 2010

    Twitter está a traballar unha maneira de permitir que os usuarios chineses empreguen o sitio web de rede social na súa propia lingua, informou o cofundador desta ferramenta.

    Fonte: Abril

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder