Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de marzo de 2010

    Segundo informou o Servizo Vasco de Saúde nun comunicado desta forma quérese facer fronte á crecente presenza nos servizos asistenciais de inmigrantes e turistas estranxeiros que non coñecen ningunha das dúas linguas oficiais da comunidade.

    Fonte: ABC

    11 de marzo de 2010

    A canle TVisual será a primeira en propoñer todas as súas emisións en modo bilingüe lingua de signos e francés oral. Poderase ver proximamente en internet.

    Fonte: Audition-infos

    11 de marzo de 2010

    Furmientu solicitou formalmente a tradución do Estatuto de Autonomía de Castela e León ao asturiano e ao galego, “linguas recoñecidas oficialmente por ese texto legal”.

    Fonte: Asturies.com

    11 de marzo de 2010

    O Parlamento de Galicia defendeu o "acceso universal" ao braille como "un dereito" das persoas cegas e unha fórmula para "erradicar" o analfabetismo, reclamando, ao tempo, que todos os integrantes deste colectivo poidan educarse e acceder á cultura a través do seu propio sistema de lectoescritura.

    Fonte: Europa Press

    11 de marzo de 2010

    O Instituto Cervantes ofrece unha exhaustiva mostra audiovisual da lingua española en todo o mundo a través do seu 'Catálogo de voces hispánicas' que pode consultarse no Centro Virtual Cervantes.

    Fonte: Europa Press

    11 de marzo de 2010

    A directora do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa (IILP), a angolana Amélia Mingas, criticou en Lisboa os Estados membro da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) pola falta dunha política común acerca da lingua portuguesa.

    Fonte: Agência AngolaPress

    11 de marzo de 2010

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística reivindica o Plan xeral de normalización da lingua galega (PXNL) como 'documento de referencia' na acción en materia idiomática da Xunta no ano 2009, ademais de destacar que 'máis de 100' actuacións levadas a cabo se enmarcan na devandita planificación, que inclúe un total de 445 medidas.

    Fonte: A Nosa Terra

    10 de marzo de 2010

    A plataforma "Sí al valencià", integrada por cen colectivos, esíxelles ás Cortes valencianas que inclúan o dominio da lingua para traballar na Administración. Todos os sindicatos e os partidos, agás o PP, adhírense á iniciativa.

    Fonte: Levante

    10 de marzo de 2010

    A Asemblea Nacional Lexislativa de Ecuador presentou a nova Constitución do país, aprobada en setembro de 2008, traducida ao idioma quechua, no marco dunha disposición da propia Carta Magna sobre o proceso de inclusión das etnias indíxenas do país.

    Fonte: EFE

    10 de marzo de 2010

    China creará unha base de datos sonora de todas as linguas e dialectos do país, para o que recolle gravacións e vídeos de persoas de diferentes etnias. O obxectivo desta base de datos é protexer a riqueza lingüística do país.

    Fonte: Diario de Yucatán

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder