Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de marzo de 2010

    A xustiza valenciana fala xa 60 idiomas, os que manexan os intérpretes xudiciais ao servizo da Generalitat. Cada ano aumenta o seu traballo e en 2009 houbo máis de 17000 traducións en linguas de lugares como Paraguai, Tanzania, Irán, Mali ou Bangladesh.

    Fonte: Las Provincias

    08 de marzo de 2010

    A ministra de Educación de Portugal anunciou o adiamento da entrada en vigor do acordo ortográfico nas escolas para o ano académico 2011-2012 e incluso afirmou que non ve a necesidade de investir na formación de profesores para esta adaptación.

    Fonte: Jornal da Madeira

    08 de marzo de 2010

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon en marcha os cursos preparatorios deste ano para obter o Certificado de lingua galega (Celga). O departamento que dirixe Anxo Lorenzo ofertará un total de 185 cursos –cunha duración de 75 horas lectivas cada un– que se distribuirán en tres quendas ao longo de todo o ano, co fin de facilitarlles a asistencia a todas as persoas interesadas en participar neles.

    Fonte: Xunta de Galicia

    05 de marzo de 2010

    A proposta da lei de linguas galesa que lles outorgará o dereito aos falantes de galés de recibir servizos nesta lingua publicouse o 4 de marzo. Esta proposta cumprirá os tres compromisos da coalición One Wales para confirmar o status oficial do galés, os dereitos na prestación de servizos e o establecemento do cargo de comisario da lingua.

    Fonte: Welsh Assembly Government

    05 de marzo de 2010

    O presidente de Unión Democrática Ceutí (UDCE), Mohamed Alí, sinalou que o estatuto ten que reflectir "que o castelán é a lingua oficial da Comunidade Autónoma de Ceuta, pero por razóns histórico-sociais a lingua árabe (árabe ceutí) debe gozar dunha especial protección, sen que iso sexa óbice para o recoñecemento do resto de sensibilidades e realidades lingüísticas que conforman a nosa diversidade cultural".

    Fonte: ABC

    05 de marzo de 2010

    O delegado do Goberno catalán, Jordi Martinoy, e o director xeral de Andalus, Fernando Guerrero, asinan un convenio que permitirá dispoñer en catalán do web da compañía e das mensaxes de cabina, entre outras cousas.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    05 de marzo de 2010

    Os 43.000 comerciantes galegos terán plena liberdade para elixir en cal dos dous idiomas oficiais da comunidade queren rotular os seus establecementos. Así o establece o anteproxecto da Lei de comercio que a Xunta presentou como unha norma coa que pretende buscar o equilibrio entre a protección do consumidor e do pequeno e mediano comercio, dentro dun escenario que está marcado pola liberalización europea do sector.

    Fonte: La Voz de Galicia

    04 de marzo de 2010

    A Fundación Carlos Casares e a Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) poñen en marcha Proxecto Toromelos, unha iniciativa de promoción do teatro para a infancia e a mocidade. O proxecto foi presentado na escola viguesa e contou coa presenza de Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación, que patrocina este programa dirixido aos escolares de toda Galicia.

    Fonte: La Voz de Galicia

    04 de marzo de 2010

    Os cidadáns invidentes terán a man 185.000 papeletas en sistema braille para exercer o seu dereito a voto este 14 de marzo en Colombia.

    Fonte: El Colombiano

    04 de marzo de 2010

    O esperanto, lingua creada a finais do XIX co soño de facilitar o entendemento no Babel mundial, non parece cerca de conseguir a súa meta máis dun século despois, pero sorprende a súa popularidade en China, onde se atopa a maior comunidade de falantes do idioma e este conta con apoio oficial.

    Fonte: Norte de Castilla

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder