Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de marzo de 2010

    Os grupos municipais de PSdeG e PP no Concello da Coruña rexeitaron unha moción do BNG para tramitar unha ordenanza municipal relativa ao impulso do galego no Consistorio e promover a utilización e normalización deste idioma en todos os ámbitos.

    Fonte: Europa Press

    04 de marzo de 2010

    Unha proposta lexislativa que propoñía que o inglés fose o idioma oficial do goberno estatal foi rexeitada polo comité de regras da cámara de representantes de Oklahoma.

    Fonte: Hispano de Tulsa

    04 de marzo de 2010

    Impulsar o éuscaro, consolidar o bilingüismo e activar o inglés. Estes son os tres obxectivos do marco experimental que o Goberno vasco implantará os próximos tres cursos en 40 centros públicos e concertados.

    Fonte: El Correo

    04 de marzo de 2010

    Baseándose no modelo da Korrika vasca e da Ar Redadeg bretoa, os irlandeses están a punto de estrear a súa propia carreira para recadar fondos a favor da lingua propia do país: o gaélico irlandés. O vindeiro 9 de marzo arrinca a Rith, que percorrerá 1600 quilómetros entre Belfast e Galway en nove días.

    Fonte: Móndivers

    04 de marzo de 2010

    O Concello de Muros, a través do Servizo de Normalización Lingüística, convoca para o ano 2010 axudas a empresas para fomentar a utilización da lingua galega na rotulación permanente dos establecementos comerciais.

    Fonte: CTNL

    03 de marzo de 2010

    O voceiro do PP, Rafael Blasco, rexeitou que o seu grupo nas Cortes vaia apoiar a reforma da Lei da función pública que propón o PSPV e que afectaría a como puntúa o requisito lingüístico nas oposicións da Generalitat Valenciana.

    Fonte: El Mundo

    03 de marzo de 2010

    O Valedor do Pobo de Navarra, Javier Enériz, recomendoulle ao Goberno foral que elabore un regulamento para desenvolver a Lei foral do vasco e cubra as "lagoas" que presenta esta lei na zona mixta, para potenciar, desenvolver e fomentar o uso do vasco nesta zona, que é onde se centra o maior número de habitantes de Navarra, "gran parte deles falantes de vasco", observou o Valedor.

    03 de marzo de 2010

    O grupo de teatro Roda Fetillera representa o 4 de marzo na sede do Parlamento Europeo en Bruxelas "Lan(d)guages", un espectáculo en catalán, vasco e galego con interpretación simultánea ao inglés.

    Fonte: La Verdad

    03 de marzo de 2010

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de facer públicas as listaxes de admitidos para a realización dos cursos Celga na Coruña, Pontevedra, Ourense e Lugo que darán comezo no mes de marzo.

    Fonte: Xunta de Galicia

    03 de marzo de 2010

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora coa Fundación Carlos Casares e coa Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) no Proxecto Toromelos, unha iniciativa que busca achegarlles aos máis novos a lingua galega a través da posta en escena da obra do escritor Carlos Casares.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder