A colaboración entre o Colexio Público Francisco Ortiz de Olivenza e a Asociación cultural Além Guadiana está permitindo divulgar o portugués oliventino entre alumnos de primaria da localidade.
Fonte: Europa Press
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A colaboración entre o Colexio Público Francisco Ortiz de Olivenza e a Asociación cultural Além Guadiana está permitindo divulgar o portugués oliventino entre alumnos de primaria da localidade.
Fonte: Europa Press
A Mesa do Parlamento rexeitou admitir a trámite a iniciativa lexislativa popular (ILP) presentada pola plataforma Queremos Galego, aludindo aos informes xurídicos da propia Cámara. A ILP só contou co apoio dos representantes do BNG, e o seu contido pretende garantir a posibilidade do uso do galego ante a Administración, desenvolvendo a Lei de normalización lingüística e a Carta Europea de Linguas Minoritarias.
Fonte: La Voz de Galicia
A Secretaría Xeral de Política Lingüística segue a traballar para garantir unha ampla e variada oferta de materiais pedagóxicos e lúdicos en lingua galega. O departamento que dirixe Anxo Lorenzo vén de facer posible a edición en galego dun novo volume de Xadrez para todos, unha colección composta por diversos manuais de iniciación e perfeccionamento deste antigo xogo de estratexia.
Fonte: Xunta de Galicia
A Unesco, xunto coas organizacións Funredes e Unión Latina, publica Douze années de mesure de la diversité linguistique sur l’Internet : bilan et perspectives (Doce anos de medida da diversidade lingüística en internet: balance e perspectivas).
Fonte: Emarrakech.info
As familias que desexen contar con coidadores ou profesores particulares que atendan os seus fillos en éuscaro contan desde agora cun novo servizo que puxo en marcha o Concello de Llodio.
Fonte: El Correo
O Tribunal Constitucional avala a legalidade do uso do asturiano por parte dos cidadáns na súa relación coa Administración autonómica. Nun auto, a institución pronúnciase nese sentido en relación coa cuestión formulada por un xulgado de Oviedo, que cuestionaba que o artigo da Lei de uso e promoción do asturiano que regula ese aspecto concreto se axustase á Carta Magna.
Fonte: El Comercio Digital
O catalán, o vasco, o galego, o galés e o gaélico escocés deben ser linguas oficiais da Unión Europea, afirmaron os eurodeputados, que acusan a Bruxelas de non protexer "os dereitos de millóns de falantes de linguas non oficiais da Unión Europea" e apelan as institucións europeas a facer "moito máis" para promover o plurilingüismo.
Fonte: Eurasia Review
Un grupo de pais da zona non vascófona convocou unha manifestación para o domingo 28 de marzo en Pamplona, para reivindicar o seu "dereito a escolarizar os nenos en éuscaro" e esixirlle ao Goberno de Navarra "os mesmos dereitos" que os pais da zona vascófona e mixta.
Fonte: Noticias de Navarra
A Consellería de Educación de Valencia investirá máis dun millón de euros en axudas para promover o uso social do valenciano durante o exercicio de 2010, destinadas a concellos e mancomunidades de municipios, asociacións cívicas sen finalidade lucrativa e empresas, comercios e industrias.
Fonte: Europa Press
Ucraína aprobará leis que defenderán os dereitos da poboación rusofalante, declarou o presidente ucraíno Víctor Yanukóvich nunha visita a Moscova.
Fonte: RIA Novosti
Subscríbase ao boletín