Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    15 de marzo de 2010

    Os departamentos de policía en Estados Unidos intensifican os seus esforzos para recrutar axentes que falen un segundo idioma, ademais do inglés, e en algúns casos ofrecen maior paga e viaxes ao estranxeiro como parte de programas de inmersión noutras linguas.

    Fonte: Univisión

    15 de marzo de 2010

    O dilema pola incorporación de novas palabras ao español aumenta ante a avalancha de neoloxismos e termos xerados polo uso de internet e, máis recentemente, o código escrito do servizo de mensaxe curta utilizado pola xuventude mediante os teléfonos móbiles.

    Fonte: Diario de Yucatán

    15 de marzo de 2010

    Os dous grupos da oposición parlamentaria pronunciáronse radicalmente en contra do anteproxecto do decreto que regulará o uso do galego nas aulas, presentado polo conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, e que consuma a decisión salomónica de impartir en castelán as materias troncais de Matemáticas, Física e Química ou Tecnoloxía, tanto en primaria como en secundaria, mentres que o galego quedaría reservado para Coñecemento do Medio, Historia e outras ciencias sociais.

    15 de marzo de 2010

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de organizar unha xornada formativa para reforzar a preparación do seu profesorado colaborador.

    Fonte: Xunta de Galicia

    15 de marzo de 2010

    O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentaron en rolda de prensa o borrador do proxecto do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario, un texto que “garante o equilibrio entre as dúas linguas oficiais de Galicia e dá entrada a unha terceira lingua”, segundo indicou o máximo responsable de Educación do Goberno galego.

    Fonte: Xunta de Galicia

    15 de marzo de 2010

    “O labor da Secretaría Xeral de Política Lingüística na xestión e posta en práctica de todas as súas liñas de actuación parte da procura do consenso e da máxima aceptación social”. Así o afirmou o responsable do departamento, Anxo Lorenzo, durante a súa intervención nas II Xeiras sobre a Lingua organizadas pola Universidade de Vigo.

    Fonte: Xunta de Galicia

    12 de marzo de 2010

    A conselleira de Cultura, Blanca Urgell, explicou no Parlamento vasco que o Goberno constituíu "un grupo de traballo interdepartamental" que analiza as esixencias lingüísticas para acceder a unha praza de funcionario.

    Fonte: El Mundo

    12 de marzo de 2010

    O PSE e o PP rexeitan que o centro territorial de Radio Televisión Española utilice a lingua vasca nas súas desconexións. Na actualidade a televisión pública emite media hora diaria de programación propia en Euskadi.

    Fonte: Noticias de Álava

    12 de marzo de 2010

    O Consell aprobou protocolos de colaboración entre a Consellería de Educación, a Academia Valenciana da Lingua e os concellos de Carlet, Manises e Massamagell (Valencia) para a coordinación das actuacións en materia de normalización do valenciano.

    Fonte: Europa Press

    12 de marzo de 2010

    Só un de cada tres españois di ser quen de falar e escribir un idioma estranxeiro, segundo os resultados dunha enquisa realizada polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS).

    Fonte: Lainformacion.com

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder