Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de marzo de 2010

    O programa inclúe varias actividades, entre elas a creación de grupos de intercambios lingüísticos, que teñen como obxectivo a aprendizaxe do galego a través dunha conversa, ademais de afondar no uso, costumes e cultura dos galegos.

    Fonte: La Región

    17 de marzo de 2010

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, ratificou a legalidade do borrador do novo decreto de regulación do galego nas aulas, aspecto no que cre recaen as críticas do Consello da Cultura Galega (CCG) ao proxecto lingüístico da Xunta.

    Fonte: La Voz de Galicia

    17 de marzo de 2010

    Os ministros de Industria e de Sanidade e Política Social, Miguel Sebastián e Trinidad Jiménez, presentaron o sistema de videointerpretación en lingua de signos SVisual, que permite a comunicación entre persoas xordas e oíntes a través de videointérprete.

    Fonte: EcoDiario

    17 de marzo de 2010

    A Consellería de Educación impulsará o bilingüismo español portugués nalgún dos centros limítrofes con Portugal e promoverá o seu estudo como segunda lingua estranxeira no terceiro ciclo de primaria, no marco do Programa de Lingua e Cultura Portuguesa en colaboración co ministerio do ramo.

    Fonte: Diario de León

    17 de marzo de 2010

    O Senado deixou para finais de abril o debate sobre a admisión a trámite dunha iniciativa presentada por senadores de todos os grupos salvo do PSOE e do PP para xeneralizar o uso das linguas autonómicas na Cámara.

    Fonte: Las Provincias

    16 de marzo de 2010

    O Goberno de Malta está analizando crear un Instituto Cultural Maltés para promover a lingua e a cultura maltesas no exterior e axudar así os emigrantes malteses neste tema, segundo anunciou o ministro de Asuntos Exteriores Tonio Borg.

    Fonte: Times of Malta

    16 de marzo de 2010

    Máis dun milleiro de persoas manifestouse en Bilbao para expresar a súa protesta polo modelo trilingüe de ensino (castelán-éuscaro-inglés) que promove o Departamento de Educación do Goberno vasco.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    16 de marzo de 2010

    O valedor do Pobo, Benigno López, chamou a atención sobre a redución de queixas rexistradas na Área de Cultura e Política Lingüística durante o pasado ano posto que, segundo recolle o informe elaborado sobre a actividade dese exercicio, as reclamacións por motivos lingüísticos se reduciron nun 34 por cento.

    Fonte: Europa Press

    16 de marzo de 2010

    O Ministerio de Política Territorial sinala que, dentro das súas competencias, promove o uso das linguas cooficiais dentro da Administración Xeral do Estado, tal e como establece o real decreto polo que se creou o Consello e a Oficina de Linguas Oficiais.

    Fonte: Europa Press

    15 de marzo de 2010

    A Deputación da Coruña distribuíu en 2009 máis de medio millón de euros en axudas para crear ou manter servizos de normalización lingüística na provincia nas administracións locais.

    Fonte: La Opinión de A Coruña

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder