A presenza cada vez maior de poboación inmigrante en Galicia continúa creando novas necesidades, tamén desde o punto de vista da Xustiza. Para responder a esta realidade multicultural, os tribunais galegos demandan desde hai tempo máis tradutores e un servizo de interpretación rápido e eficaz que garanta que sempre que sexan requiridos a instancias dun xuíz ou do Ministerio Fiscal se garanta o dereito dos imputados a expresarse no seu idioma materno.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Asemblea Nacional de Panamá avalía opcións en apoio ás linguas dos pobos orixinarios, con propostas que buscan oficializar os idiomas e alfabetos das comunidades indíxenas, informaron fontes parlamentarias.
Fonte: Prensa Latina
Nacións Unidas celebrou o Día da Lingua Francesa o 20 de marzo como parte dun programa para impulsar o multilingüismo e a diversidade cultural nos seis idiomas oficiais da ONU.
Fonte: Prensa Latina
O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, denunciou que as campañas para fomentar o uso do DNI electrónico postas en marcha polo Goberno central "discriminan" o galego.
Fonte: Europa Press
A Biblioteca Nacional de Colombia acolleu un seminario sobre "Os avances na protección das linguas minoritarias en Cataluña e Colombia". A xornada contou coa presenza de expertos cataláns e colombianos, pero estivo aberta á participación de estudantes e persoas interesadas no tema.
Google, o xigante de internet, traballa para introducir dúas linguas indíxenas de Centroamérica e México no seu sistema universal de buscas —o maia e o náhuatl—, segundo informou a axencia AFP citando a un responsable local da compañía.
Fonte: RT
Un total de 15 grupos amosarán o seu compromiso co galego e o seu apoio ás reivindicacións da plataforma cidadá Queremos Galego o día 17 de abril no Recinto Feiral de Pontevedra.
Fonte: CTNL
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, asegurou a Radio Nacional de España que o proxecto de decreto para o ensino non universitario de Galicia “responde ao sentir maioritario da sociedade, que quere que as dúas linguas oficiais estean presentes dun xeito equilibrado no sistema educativo, que promovamos o galego e que ao mesmo tempo propoñamos os elementos necesarios para resolver a cuestión da aprendizaxe dunha ou de varias linguas estranxeiras”.
Fonte: Xunta de Galicia
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria organizará ao longo deste ano 97 cursos de galego a través de diversos colectivos, entidades e/ou asociacións das catro provincias galegas.
Fonte: Xunta de Galicia
O deputado no Congreso, Joan Herrera, pediralle explicacións ao Goberno Central por apostar polo "secesionismo lingüístico ao ofrecer nos portais web de cinco ministerios as versións en catalán e valenciano, como se fosen dúas linguas distintas".
Fonte: Levante
Boletín
Subscríbase ao boletín
