O Concello de Xixón comeza a cumprir as medidas previstas no Plan de normalización aprobado en 2009, no que atinxe á posibilidade de facer as xestións administrativas en asturiano.
Fonte: Asturnews
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Concello de Xixón comeza a cumprir as medidas previstas no Plan de normalización aprobado en 2009, no que atinxe á posibilidade de facer as xestións administrativas en asturiano.
Fonte: Asturnews
Un servizo de tradución telefónica ofrécelle á poboación inmigrante a posibilidade de comunicarse cos servizos sociais nalgún idioma distinto do castelán. A iniciativa, que comezou como proxecto piloto en novembro, está implantada en 75 centros públicos aragoneses e ofrece a posibilidade de comunicarse ata en 50 idiomas.
Fonte: El Periódico de Aragón
A contribución clave á política europea e a achega cara a unha visión inclusiva da diversidade lingüística son labores subliñados desde a Axencia Europea das Linguas Minorizadas (EBLUL- European Bureau for Lesser-Used Languages), na mensaxe que anuncia a fin da actividade da entidade.
Fonte: Vieiros
A Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) adheriuse á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para unha televisión sen fronteiras que actualmente está en trámite no Congreso e que busca o recoñecemento do catalán, o eúscaro e o galego nos seus espazos de comunicación.
Fonte: Galicia-Hoxe
Que os senadores poidan expresarse en éuscaro, galego, catalán ou valenciano en todos os ámbitos do Senado tería un custo anual de 120.000 euros, segundo se estima nunha proposta de reforma do Regulamento do Senado que promoven todos os grupos parlamentarios agás o PP e o PSOE.
Fonte: Europa Press
Euronews proponlle á Radio Televisión de Galicia (CRTVG) un informativo diario de dez minutos e un magacín semanal de 8, ambos en galego. Sobre iso debateu Philippe Cayla (presidente de Euronews) co responsable da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo e a directora de TVG Rosa Vilas.
Fonte: Galicia Hoxe
Preto de cen alumnos e alumnas do Bierzo participarán nun programa de estadía en Galicia para complementar a súa aprendizaxe da lingua galega. A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de organizar unha reunión con profesores da comarca leonesa para ultimar o desenvolvemento desta actividade, que se enmarca dentro do programa de ensino de galego que este departamento ten en marcha nas comarcas do Bierzo e de Sanabria.
Fonte: Xunta de Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística incidiu na necesidade de fomentar o uso da lingua galega no ámbito da investigación durante a súa intervención na entrega do premio Condado de Pallares, que tivo lugar na casa da cultura do concello lucense de Taboada.
Fonte: Xunta de Galica
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria está a afondar na súa colaboración coas universidades galegas para darlle un novo impulso á lingua galega neste ámbito.
Fonte: Xunta de Galicia
Arqueólogos mexicanos buscan que a Unesco declare patrimonio cultural unhas 60 linguas indíxenas, como parte das celebracións este ano polo bicentenario da independencia mexicana e centenario da revolución, segundo informou o Instituto de Antropoloxía de México.
Fonte: EcoDiario
Subscríbase ao boletín